Buscador
Noticias
Máis de 1200 participantes (académicos/as e activistas de diferentes países) preto de 200 sesións, sete conversas plenarias e máis de 20 actividades divulgativas, artísticas e culturais. Estas son algunhas das cifras da ESEE-Degrowth 2024, evento no que se agrupan a 15 Conferencia da Sociedade Europea de Economía Ecolóxica e a 10 Conferencia Internacional de Decrecemento.
O proxecto Nature FIRST, no que participa 3edata, está a xerar solucións innovadoras para a monitorización da biodiversidade. A empresa de base tecnolóxica presentou en Frascati (Italia), no marco do Seminario sobre crimes ambientais e o papel das novas tecnoloxías de observación da Terra, as súas últimas achegas para esta investigación no eido da cartografía de hábitats en espazos protexidos.
A UDC puxo en marcha o "Portal da investigación da UDC", un novo sitio web onde se pode consultar toda a produción científica e as métricas dos seus centros singulares, grupos de investigación e persoas investigadoras mediante unha interface de fácil uso. O obxectivo do portal é mellorar a visibilidade e a transparencia da actividade investigadora da UDC.
Este martes arrancou a programación de cursos de extensión universitaria do campus, os coñecidos como cursos de verán, coa proposta Ourense no tempo: historia, arte e tradicións (II). Ata o venres, case 50 persoas achegaranse ao pasado da provincia e ao seu patrimonio desde un punto de vista multidisciplinar e co reto de contribuír ao respecto e á conservación dos bens culturais a través do coñecemento dos seus significados e valores.
O uso de intelixencia artificial para mellorar as entrevistas forenses con vítimas infantís, as pegadas dixitais que deixan os traficantes de persoas ou as formas de afrontar as ciberagresións son algúns dos temas que se abordarán desde este mércores 12 ata o venres 14 de xuño na 19 Conferencia da Academia Internacional de Psicoloxía Investigativa, que terá lugar na Facultade de Psicoloxía compostelá.
Este proxecto foi creado por José Edelstein, físico teórico e profesor e investigador da USC, xunto coas músicas arxentinas Daniela De Rito e Lorena Edelstein, para achegar ao público un conxunto de narracións sobre o cosmos, entretexidas con cancións que o celebran, demostrando os elementos comúns que existen entre a arte e a ciencia: creatividade, imaxinación, técnica, método, inspiración, estética, unha noción de beleza e un criterio de verdade.
Moaña acollerá os días 19 e 20 de xullo a primeira edición do Congreso de Xeopolítica Participativa, unha iniciativa impulsada pola Universidade de Vigo, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o Concello moañés, que nace coa vocación de converterse nunha cita anual que cada verán congregue investigadores, estudantes e cidadanía interesados nestas temáticas.
La nueva junta la forman Pilar Falcón (presidenta), Ignacio Bazarra (vicepresidente), Amelia Serraller (Secretaría y Redes Sociales), Mari Carmen López Velasco, (Programación y Patrocinios); Eduardo Ferreira, (Relaciones Institucionales); Ángel Carreira, (Formación); Irene Fernández y Marta Corbal, (Medios de Comunicación); Manolo Seixas, (representante en Galicia) y Fernando Navarrete (Audiovisuales).
Foi profesor de castelán na Universidade Tsudajuku durante décadas pero a súa paixón é desde hai moito a lingua e a cultura galegas e exerce como auténtico embaixador cultural de Galicia no seu país natal. En recoñecemento a este labor, a Real Academia Galega recibiu a Takekazu Asaka como membro de honra nun acto celebrado en Cambados, a vila de Ramón Cabanillas, un dos clásicos galegos que verteu ó xaponés.
Co fin de mellorar a capacidade de reacción da sociedade fronte o cambio climático, o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM), a través da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (Ecimat), forma parte dun proxecto europeo para a creación dun consorcio de infraestruturas de investigación. O obxectivo é ofrecer servizos de acceso transnacional e virtual para persoal investigador de todo o mundo que traballa no estudo da mitigación do cambio climático.