Archivo (11 del 2022)

Buscador

Noticias

O escaparate mundial das últimas tendencias en automatización e robótica sitúase esta semana no campus de Vigo, nas VIII Jornadas sobre tecnologías y soluciones para la automatización industrial JAI’2022, un evento que volve a presencialidade e faino con cifras récord: máis de 2000 persoas rexistradas, 125 empresas participantes e preto de medio cento de conferencias.
As novas violencias sexuais foron obxecto de análise nun foro este venres que profundou en cuestións como a submisión química ou as agresións dixitais. A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolleu esta xornada na que se deron cita preto dun cento de asistentes. A apertura do acto estivo presidida pola delegada do Reitor para a Igualdade, Marta Pérez Pereiro.
O proxecto BIXO de UVigo SpaceLab segue a colleitar recoñecementos internacionais. Logo da súa selección en setembro pola Academia chinesa de tecnoloxía de vehículos de lanzamento para ser enviada ao espazo en 2024, o proxecto pasou a primeira ronda do programa Fly Your Satellite! Design Booster Pilot da Axencia Espacial Europea.
'Un filme en tres actos que son tamén tres conversas entrelazadas e interxeracionais entre distintas mulleres que contan as súas experiencias de amizade, de medo, de resistencia, no espazo público'. Preséntase así 'Tódalas mulleres que coñezo', un documental da realizadora Xiana do Teixeiro que se proxectará o vindeiro luns na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da UVigo.
Rolf-Dieter Heuer, director do CERN entre 2009 e 2015, será o protagonista da Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e da Xunta de Galicia. Nesta quinta edición, o físico alemán impartirá unha charla de divulgación sobre o bosón de Higgs, a partícula que supuxo un fito na historia da ciencia e acaparou a atención de todos os medios de comunicación e a sociedade hai agora unha década.
O salón de vistas da Facultade de Dereito da UDC acollerá os vindeiros días 10 e 11 de novembro o Congreso Internacional 'Aplicacións da Intelixencia Artificial na Xustiza Penal', organizado polo equipo de investigación Criminoloxía, Psicoloxía xurídica e Xustiza penal no século XXI, Ecrim, en colaboración co Instituto de Direito Penal Económico e Europeu da Universidade de Coimbra (Portugal).
Este mércores, 9 de novembro, nas habituais recepccións da S.S. no Vaticano, o Papa Francisco vai recibir ao Alcalde de Begonte, José Ulla, e ao Tenente de Alcalde, Luis Luaña, que informarán á S.S. de que o Belén de Begonte, declarado de interese turístico galego, cumpre o seu primeiro medio século de existencia desde a súa fundación en 1972 polo daquela crego de Begonte, José Dominguez Guizán, e o artista José Rodríguez Varela.
O salón de actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña acollerá este mércores a conferencia de Julián Salas, 'Construíndo con recursos escasos. Contra a fame de vivenda en África'. Julián Salas implementou tecnoloxías apropiadas e apropiables e desenvolvementos metodolóxicos para construír en lugares do sur global onde podería parecer imposible construír.
A Universidade de Vigo será a encargada de organizar e acoller entre os días 14 ao 16 de xuño do vindeiro ao o congreso EUNIS2023, European Universities and the digital transformation: Challenges and opportunities ahead. A European University Information Systems, EUNIS, é a organización europea de sistemas de información universitarios e o seu principal obxectivo é axudar ás institucións membros a desenvolver os seus sistemas informáticos, compartindo experiencias e traballando xuntos'.
Dentro da programación do bicentenario de Paradela, o domingo, 6 de novembro, vaise celebrar o encontro coa natureza CAMIÑANDO POR PARADELA, que o Concello organiza coa colaboración do grupo ACIVRO. Percorrerase o Camiño Vello de Aldosende, desde o Mirador de Cabodevila, preto do Río Loio, ata a parroquia de Aldosende. É un Camiño xa coñecido polos vinculados ao sendeirismo e turismo de montaña, que especialemente nas fins de semana recibe a numerosos camiñantes de todo Galicia.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (134)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES