Notas de prensa

A Semana da Ciencia do IGFAE conmemorará o décimo aniversario do bosón de Higgs

Rolf-Dieter Heuer, director do CERN entre 2009 e 2015, será o protagonista da Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e da Xunta de Galicia. Nesta quinta edición, o físico alemán impartirá unha charla de divulgación sobre o bosón de Higgs, a partícula que supuxo un fito na historia da ciencia e acaparou a atención de todos os medios de comunicación e a sociedade hai agora unha década.

Titulada ‘Celebrando 10 anos do bosón de Higgs: explorando o universo temperán no CERN’, a conferencia terá lugar o xoves 24 de novembro ás 20.00 horas no auditorio Abanca (Rúa Preguntoiro, 23) de Santiago de Compostela. A entrada será de balde previa reserva de invitación nesta ligazón, ata completar capacidade. Haberá tradución simultánea do inglés ao castelán.

“O descubrimento do bosón de Higgs non foi o final dunha longa viaxe, senón que é o comezo da exploración dun novo terreo”, explican dende o IGFAE. Que ten de especial esta partícula? É realmente o bosón de Higgs o que se detectou? Que hai que investigar despois do descubrimento e como axuda esta partícula na comprensión do universo primitivo? Por que o bosón atrae tanto a atención do persoal científico e público? A charla abordará estas cuestións e tamén analizará os retos futuros neste eido investigador.

Nerd Nite

O décimo aniversario do descubrimento do bosón de Higgs será tamén a temática arredor da que xirará a vindeira Nerd Nite, que o mércores, 23 de novembro, regresa logo do parón obrigado por mor da pandemia. Rolf Heuer será un dos relatores que integrarán o programa desta sesión que se artella en base a pequenas charlas científicas onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno. A sesión do día 23, desenvolverase na Nave de Vidán, ás 20.30 horas, e está organizada conxuntamente co IGFAE.

Ademais de Rolf Heuer, quen pronunciará o relatorio ‘Sabía que o tiñamos (I knew we had it)’, intervirán na Nerd Nite o profesor da USC e investigador do IGFAE, José Edelstein, e Pier Paolo Giardino, investigador distinguido do IGFAE. ‘O segredo está na masa’ é o título da intervención do profesor Edelstein; mentres que Giardino disertará sobre ‘O bosón de Higgs, unha luz na escuridade’. As Nerd Nites naceron hai anos en Estados Unidos, unha proposta orixinal á que se sumou Santiago de Compostela en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. O coordinador das Nerd Nites é o catedrático de Electromagnetismo da USC, Jorge Mira Pérez.

Traxectoria

Rolf-Dieter Heuer (Göppingen, Alemaña, 1948) estudou física na Universidade de Stuttgart e doutorouse na Universidade de Heidelberg. De 1978 a 1983, foi físico investigador na Universidade de Heidelberg, traballando no anel de almacenamento de electróns-positróns PETRA como membro da colaboración JADE. De 1984 a 1998, foi membro do CERN, traballando para a colaboración OPAL no Gran Colisionador de Electróns e Positróns (LEP). Dende 1994, foi o voceiro da colaboración.

Gran parte da súa carreira estivo relacionada coa construción e o funcionamento de grandes sistemas de detectores de partículas para estudar colisións electrón-positrón. Ao deixar o CERN en 1998, asumiu unha cátedra na Universidade de Hamburgo, onde estableceu un grupo que traballa na preparación de experimentos nun posible futuro colisionador lineal de electróns e positróns. Ao asumir o seu nomeamento como director de investigación de física de partículas e astropartículas no DESY en 2004, Heuer foi responsable da investigación no acelerador HERA, a participación do DESY no LHC e a I+D para un futuro colisionador de electróns e positróns. En 2009 substituíu a Robert Aymar como director xeral do CERN e en 2015 Fabiola Gianotti pasou a ser a directora ata a actualidade.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2022-11-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-madeira-2.jpg) O 60,66% dos 877 ciclos de Formación Profesional de réxime ordinario para o próximo curso en Galicia complétanse na primeira adxudicación de prazas pechada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, e que dá dereito a matrícula. Segundo os datos recabados, un total de 57.118 persoas presentaron solicitude para cursar algunha modalidade de Formación Profesional, o que representa un incremento de preto do 2% (1.069 solicitudes máis) con respecto ao curso 2025-26, o que confirma, un ano máis, o interese que espertan estas ensinanzas entre os cidadáns en Galicia. O maior número de solicitudes rexístranse nos ciclos superiores da modalidade ordinaria, con 15.893 solicitudes, 643 máis (un 4,22% de incremento) que o curso pasado.
Foto de la tercera plana (incendios-camiones.jpg) O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga 2026) afronta a súa vindeira campaña coa maior dotación económica da súa historia, alcanzando un total de 213 millóns de euros (un 18 % máis que o ano anterior). Non obstante, alén do esforzo orzamentario en persoal e infraestruturas, o deseño estratéxico para este ano destaca pola integración de tecnoloxía de vangarda e ferramentas de participación cidadá dirixidas a optimizar a detección temperá e a capacidade de resposta operativa no monte.

Notas

A Universidade da Coruña inaugurou o curso 'Protección de datos na empresa e as organizacións: goberno corporativo, xestión do risco e cumprimento ante contornos tecnolóxicos complexos', unha formación que reúne ata mañá especialistas de referencia do ámbito xurídico, institucional e empresarial para analizar os principais desafíos da protección de datos nun contexto marcado pola transformación dixital e o avance da intelixencia artificial.
A Vicerreitoría do campus de Ourense convoca a oitava edición dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga. O seu obxectivo é recoñecer e estimular o esforzo de persoal docente e investigador e de alumnado no desenvolvemento das diferentes liñas de especialización sobre as que traballa o Campus Auga.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES