
Dentro da programación do bicentenario de Paradela, o domingo, 6 de novembro, vaise celebrar o encontro coa natureza CAMIÑANDO POR PARADELA, que o Concello organiza coa colaboración do grupo ACIVRO.
Acivro é un Club excursionista presidido por Alejandro González Arias, creado en Lugo no 2006, formado por membros que gustan da natureza e camiñando por ela fomentan o respecto pola biodiversidade e disfrutan de ambientes e itinerarios incribles. Un destes itinerarios é o CAMIÑO VELLO DE ALDOSENDE, no Concello de Paradela, promovido polo Concello e do que Acivro é o maior defensor.
Este domingo percorrerase o Camiño Vello de Aldosende, desde o Mirador de Cabodevila, preto do RÃo Loio, ata a parroquia de Aldosende. É un Camiño xa coñecido polos vinculados ao sendeirismo e turismo de montaña, que especialemente nas fins de semana recibe a numerosos camiñantes de todo Galicia. Para o percorrido calcúlase un tempo aproximado de 3 h.30 min.
A ruta iniciarase ás 10,00 h. desde o Mirador de Cabodevila, para rematar a camiñada arredor das 13,30 h. à chegada a Aldosende, o Concello de Paradela ofrecerá un refrixerio aos participantes, e trasladará aos camiñantes en autobús ata o punto de partida. Está prevista a participación de 72 persoas.
O 60,66% dos 877 ciclos de Formación Profesional de réxime ordinario para o próximo curso en Galicia complétanse na primeira adxudicación de prazas pechada pola ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP, e que dá dereito a matrÃcula. Segundo os datos recabados, un total de 57.118 persoas presentaron solicitude para cursar algunha modalidade de Formación Profesional, o que representa un incremento de preto do 2% (1.069 solicitudes máis) con respecto ao curso 2025-26, o que confirma, un ano máis, o interese que espertan estas ensinanzas entre os cidadáns en Galicia. O maior número de solicitudes rexÃstranse nos ciclos superiores da modalidade ordinaria, con 15.893 solicitudes, 643 máis (un 4,22% de incremento) que o curso pasado.
O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga 2026) afronta a súa vindeira campaña coa maior dotación económica da súa historia, alcanzando un total de 213 millóns de euros (un 18 % máis que o ano anterior). Non obstante, alén do esforzo orzamentario en persoal e infraestruturas, o deseño estratéxico para este ano destaca pola integración de tecnoloxÃa de vangarda e ferramentas de participación cidadá dirixidas a optimizar a detección temperá e a capacidade de resposta operativa no monte.