Notas de prensa

Conferencia de Julián Salas, 'Construíndo con recursos escasos. Contra a fame de vivenda en Ãfrica'

O salón de actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña acollerá este mércores a conferencia de Julián Salas, 'Construíndo con recursos escasos. Contra a fame de vivenda en Ãfrica'. Julián Salas implementou tecnoloxías apropiadas e apropiables e desenvolvementos metodolóxicos para construír en lugares do sur global onde podería parecer imposible construír.

Salas, que foi un visitante frecuente de Escola de Arquitectura da Coruña vén esta vez para presentar o resultado de décadas de traballo profesional, xa no ámbito da investigación, da sensibilización e da docencia, fundando espazos inéditos en España dedicados a buscar solucións para esa pandemia silente que el bautizou como “fame de vivenda”. No evento, aberto a todas as persoas interesadas, Julián Salas presentará tamén a súa última obra, do mesmo título que a conferencia.

Julián Salas

Doutor Enxeñeiro Industrial, pola Universidade Politécnica de Cataluña, Diplomado en “Construción Industrializada” no CSTB de París, Investigador do CSIC, no Instituto Eduardo Torroja de Madrid.

De 1987 a 1994 coordinou o Programa CYTED V Centenario: “Tecnoloxías para vivendas de interese social en Latinoamérica”, coa participación de 112 grupos de 17 países, que foi, segundo a CEPAL: “o maior esforzo de investigación-acción realizado en materia de hábitat popular en América Latina e o Caribe”.

En 1996 creou o ICHaB na ETS de Arquitectura de Madrid e en 2004 a Cátedra UNESCO en “Habitabilidade Básica”, na que dirixiu os Cursos de Especialización en “Cooperación para o Desenvolvemento en Asentamentos Humanos no Terceiro Mundo”, dos que se realizaron XXI edicións nos que se diplomaron máis de seiscentos profesionais de 23 países.

Entre 2005 e 2019 ocupouse in situ da dirección de Proxectos de cooperación de construción en Mauritania, Mozambique, Senegal, Angola, Namibia...

Foi proposto polo Consello Xeral dos Colexios de Arquitectos de España á “Lista de Honra de Nacións Unidas para o Hábitat”, “pola súa constante dedicación ao impulso dos asentamentos humanos no Terceiro Mundo, tanto en países africanos como iberoamericanos”.

Universidade da Coruña, 2022-11-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
A campaña de escavación arqueolóxica realizada este verán na Cova do Santo e na Pala da Zorra, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu obter novos datos sobre a ocupación e a historia destas cavidades ao longo da Prehistoria e confirma que conservan un rexistro de gran valor para coñecer tanto as comunidades humanas da Prehistoria como e as paisaxes que ocuparon este territorio miles de anos atrás. Os traballos dan continuidade ás investigacións iniciadas en 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES