Buscador
Noticias
En novedosa formación de bandurria e piano, actuará Julia María Dopico Vale coa formación Rosas, acompañadas pola profesora Isabel Romero, interpretando música de bandas sonoras de coñecidas películas.
Neste fin de semana remata a XII Mostra de Teatro Amador "Terras do Orcellón" 2019 coa representación de dúas comedias. O sábado 26, a Agrupación Teatral Mariñán de Betanzos presentará INSANIA, unha inquietante comedia de humor negro, sorprendente pola sinxela posta en escena e o traballado papel dos seus actores / actrices. Mensaxe "subliminal" para profesores con síndrome de tensión!!!
O venres 23 de outubro, ás sete da tarde no salón de actos do Centro Cultural Vello Cárcere (Av. Alcalde Anxo López Pérez, 34), celebrarase a Gala dos Premios Mestra e Mestre da Memoria, títulos concedidos a Dorothé Schubart e a Pablo Quintana, e o sábado, a partir das dez horas e no salón de actos do edificio da Deputación de Lugo, desenvolverase a XII Xornada de Literatura Oral co tema «Rimas e letras da música popular. Do romanceiro tradicional ao bravú».
Este proxecto de educación sexual, para público adolescente e promovido por Illa Bufarda en colaboración ASEIA, foi unha das dez iniciativas recoñecidas na segunda edición do II Premio Luisa Villalta da Deputación da Coruña de proxectos culturais pola igualdade. Ademais da webserie S.E.X, cuxo primeiro episodio se estreou a semana pasada, a iniciativa inclúe unha consultaría virtual sobre sexualidade con persoas expertas na materia de ASEIA e a difusión por centros educativos de secundaria da provincia coruñesa.
A Concellería de Cultura do Concello da Coruña activa a cuarta edición de Coruña Dixital, que este ano aposta polo reforzo na iniciación e uso seguro da tecnoloxía dos colectivos de maiores, familias e mocidade. Foi presentada esta iniciativa municipal que ten como finalidade visibilizar e dinamizar as comunidades dixitais que existen na Coruña e facilitar a participación activa da veciñanza nas novas prácticas culturais e creativas.
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca un novo certame para recoñecer traxectorias excelentes e proxectos impulsados pola xente nova. Trátase dos galardóns Talento Mozo, cos que se dará máis visibilidade ao enxeño e capacidades da mocidade galega nas modalidades de Ciencia, Rural, Deporte, Empresa e Cultura e Creación, cunha dotación económica de 5000 euros por categoría.
Celebrouse no Pazo de Fonseca a entrega dos premios da I Olimpíada Científica Xuvenil Española, cuxa final se celebra en Santiago de Compostela desde o pasado día 16. Un total de 27 alumnas e alumnos de toda España, 3 deles galegos (concretamente do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago), disputaron estes días as últimas probas do certame. A I Olimpíada Científica Xuvenil Española inspírase na Olimpíada Científica Xuvenil Internacional (IJSO).
É a primeira vez que o organismo pon en marcha unha acción promocional a través de Internet. Concebido como un relato audiovisual de tres capítulos, o seu leitmotiv é grabar a marca Craega na mente do consumidor. Tamén haberá publicidade offline nas rúas das principais cidades e un programa con actividades a pé de rúa.
O Ciclo Clube Estrella Galicia regresa aos escenarios galegos. A Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, Clubtura, e Estrella Galicia renovan un ano máis a súa alianza nunha clara aposta polo talento musical galego. O ciclo supón, ademais, un importante respaldo de Estrella Galicia ás salas de concertos das catro provincias galegas, que son o motor da cultura musical máis próximo ao público e o inicio de calquera banda, como lembrou o presidente de Clubtura, Alberto Grandío.
Dende este venres ata o 27 de outubro, 50 establecementos hostaleiros de 23 concellos da provincia introducirán pratos con estes produtos acompañados de pan e galletas Daveiga, viño DO Ribeira Sacra e licores. A iniciativa busca fomentar o turismo gastronómico e dinamizar o sector servizos visibilizando a excelente calidade culinaria da provincia.