Notas de prensa

Neste fin de semana remata a XII Mostra de Teatro Amador 'Terras do Orcellón' 2019

Neste fin de semana remata a XII Mostra de Teatro Amador "Terras do Orcellón" 2019 coa representación de dúas comedias. O sábado 26, a Agrupación Teatral Mariñán de Betanzos presentará INSANIA, unha inquietante comedia de humor negro, sorprendente pola sinxela posta en escena e o traballado papel dos seus actores / actrices. Mensaxe "subliminal" para profesores con síndrome de tensión!!!

O domingo, 27, a grupo Porta Aberta de Vigo amosará ós espectadores a comedia ESTRAÑOS HÁBITOS, desenvolvida nunha vivenda na que, o que aparentemente ía ser unha cita normal, nun apartamento normal, con persoas e amigos normais e sen ningún tipo de alteración fóra do normal, acaba sendo unha tarde diferente e alterada ata a esquizofrenia. A vida de Xoán verase alterada nunha soa tarde por todas e cada unha das personaxes que van aparecendo no seu apartamento de solteiro. El tiña todo preparado para unha cita normal con Virxinia, pero todo se converterá nun continuo ir e vir das persoas importantes na súa vida, en circunstancias estrañas e con hábitos aínda máis estaños.

Coma sempre, as representación serán no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás oito e media da tarde. Os alumnos dos centros de ensino da vila: IES nº 1, Chamoso Lamas, Vila do Arenteiro e Franciscanas terán ó seu dispor a entrada de balde para presenciar estas comedias, co único requisito de identificarse na ventaíña do despacho de entradas.

XII Mostra de Teatro Amador 'Terras do Orcellón', 2019-10-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, liderou esta na capital comunitaria a delegación da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) que mantivo unha reunión de traballo na sede da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG MARE) con representantes deste departamento da Comisión Europea. No encontro participaron mandatarios e representantes de territorios costeiros de concas como o Atlántico, o Mediterráneo ou o mar do Norte para abordar a futura estratexia Visión 2040 e a necesaria actualización da Política Pesqueira Común (PPC).
Foto de la tercera plana (premios-nacionales-artesania-2026.jpg) Un total de cinco candidaturas galegas optan como finalistas aos XIX Premios Nacionais de Artesanía, convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Galicia convértese así na comunidade con máis finalistas, con candidaturas en catro das cinco categorías. En concreto, os ceramistas Barreiros Artesanía e a deseñadora e redeira Amalia Puga optan ao Premio Produto, mentres que Sandra Vilas é candidata por segundo ano consecutivo ao Premio Emprendemento.

Notas

A exposición 'Outro e sobre si', do artista Andrés Rodís, abriu as súas portas ao público no Museo Gaiás da Cidade da Cultura. A mostra é o resultado da I Residencia ArtLab IGFAE, unha iniciativa da USC e a Xunta e que naceu en 2025 para tecer fíos entre a investigación en física de partículas e a creación contemporánea galega. 'Outro e sobre si' poderá visitarse de balde no Gaiás ata xaneiro de 2027.
Discutir academicamente acerca do cómic contemporáneo desde as novas concepcións e usos do soporte e do formato tradicionalmente asociados á banda deseñada é o obxectivo central do XI Foro Internacional de Creación na Fronteira, que reunirá un conxunto de especialistas de diferentes áreas na sede da Vicerreitoría do campus.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES