Archivo (6 del 2018)

Buscador

Noticias

A Concellería de Xuventude de Ourense vén de presentar, no salón de plenos municipal, un evento que pode cambiar o curso da historia: trátase do Survival Zombie, un xogo aberto a toda a mocidade (a partir de 10 anos) de Ourense no que haberá que procurar o antídoto contra unha praga de mortos viventes. Na organización haberá máis dun cento de persoas, e cóntase coa complicidade do Campus de Ourense de rugbi e dos Olimpo e Uro, de airsoft.
Santiago volverá a vestir sus mejores galas en los escenarios históricos y monumentales que se reparten por la capital de Galicia para acoger, por octavo año consecutivo, el Festival Peregrinos Musicales. Al Teatro Principal, la Catedral de Santiago y el Auditorio de Galicia se añaden este año el Salón Teatro, el Paraninfo de la USC y el Auditorio de Sanxenxo.
No ano 1963, e con tan só dúas piraguas canadenses, un grupo de deportistas de Ourense botábanse río Miño abaixo para chamar a atención sobre os deportes náuticos. Hoxe, no salón de plenos municipal, eses mesmos “aventureiros” arroupaban a presentación do 50 Descenso do Miño, que convocará este sábado 23 de xuño en Ourense a medio milleiro de deportistas (497 confirmados) de 38 equipos.
En colaboración coa Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes, o Museo de Belas Artes da Coruña ten aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros destinados a rapaces de entre 7 e 12 anos para xullo. Os obradoiros terán unha duración de 10.00 a 13.30 horas, de martes a venres, durante as tres primeiras semanas de xullo, salvo a derradeira semana do mes que se prolongarán ata as 14.00 horas. Os obradoiros teñen capacidade para 20 rapaces polo que se ofertarán en total 60 prazas.
Representantes de AGACA no proxecto europeo LeadFarm reuníronse en Compostela para estudar os progresos e avanzar nas seguintes liñas de traballo. Na xuntanza participaron a Organización de Cooperativas Irlandesas, Icos; a unión de cooperativas agrícolas, Coop de France; a consultora estatal participada pola Federación Letona de Agricultores, LLKC, e Changemaker AB, entidade sueca especializada na formación empresarial e de produción de xogos, xestión de proxectos e visualización.
Alfonso Blanco Torrado, Presidente de Xermolos e impulsor da Irmandade Manuel María da Terra Chá, levaba tempo traballando para homenaxear a “Os da Lexía”, os irmáns coruñeses masacrados no ano 1936, que foran detidos en terras de Guitiriz. Arredado momentáneamente da actividade diaria por problemas de saúde, os membros de Xermolos e varios amigos de Alfonso Blanco están a continuar con esta iniciativa, ampliando o obxecto de maneira que sexa tamén unha homenaxe a Alfonso.
A compañía internacional de Danza SóLODOS e a Concellaría de Cultura de Ourense presentaron no Museo Municipal a 6º edición de Danza no Claustro, que se desenvolverá no Claustro de San Francisco do 20 ao 22 de xuño. “Danza no Claustro é unha proposta escénica exclusiva, na que os artistas investigarán o propio espazo para facer unha proposta exclusiva no espazo co gallo de enxalzar a beleza do conxunto a través dos corpos dos bailaríns”.
O espectáculo de inauguración será Commedia, un xoguete para Goldoni, estrea absoluta e coprodución entre a MIT e a compañía de Cándido Pazó, para despois xirar por outros festivais de verán e teatros do país. O de clausura será a estrea en Galicia do espectáculo inglés The Table, de Blind Summit, premio do Festival Fringe de Edimburgo e un dos mellores espectáculos do mundo segundo varios medios como Guardian, Sunday Telegraph ou Chicago Sun Tribune, entre outros galardóns.
A EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC ofrece 50 prazas de nova matrícula no primeiro curso do grao en Paisaxe, un título singular no Sistema Universitario Español e de carácter interuniversitario, que comezará a impartirse o vindeiro curso na EPS de Enxeñaría da USC, que será sede dos dous primeiros anos académicos dun grao, cuxo alumnado deberá completar os dous últimos cursos na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.
Dentro das accións de implantación do 1º curso do novo Grao en Paisaxe que se impartirá na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña (UDC) e na Escola Politécnica Superior de Lugo (USC), realizarase unha xornada de portas abertas o venres 15 de xuño na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo. Neste acto está prevista a presencia do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (134)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES