Notas de prensa

O Descenso do Miño (Ourense) celebra as vodas de ouro coa participación de 500 palistas desde Os Peares ata Velle

No ano 1963, e con tan só dúas piraguas canadenses, un grupo de deportistas de Ourense botábanse río Miño abaixo para chamar a atención sobre os deportes náuticos. Hoxe, no salón de plenos municipal, eses mesmos “aventureiros” arroupaban a presentación do 50 Descenso do Miño, que convocará este sábado 23 de xuño en Ourense a medio milleiro de deportistas (497 confirmados) de 38 equipos.

Unha actividade que compre medio século “demostra inequivocamente que é de grande arraigo popular, con moita máis participación, tradición e vistosidade”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Esta tradición comezou en 1.964, con catro piragüistas en dúas piraguas que foron transportadas até Os Peares, segundo recordaban na presentación algúns dos pioneiros deste deporte, no camión do lixo do Concello. En todo este tempo mudaron as formas e, sobre todo, o número de deportistas federados (4.250 licenzas federativas en Galicia). Pero non “o tesón para navegar os nosos ríos”, en palabras de Alrfedo Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo.

Á presentación non quixo faltar tampouco a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, que presumiu do potencial do piragüismo galego -actualmente os nosos piragüistas “están entre os mellores do mundo”- e “da extraordinaria organización de eventos deportivos, que mellora ano a ano a pasos axigantados”, pero tamén dunha paisaxe envexable.

Nesa mesma liña manifestouse tamén Julio Masid, director de Viaqua (patrocinador principal da proba), quen quixo darlle valor á oportunidade de pór en valor o coidado polo medio ambiente deste tipo de probas, especialmente no marco do río Miño “que nós tratamos de coidar tan especialmente”.

A proba, organizada polo Consello Municipal de Deportes, comezará ás 17:30 horas nos Peares, e a chegada dos case medio milleiro de palistas será no encoro de Velle.

Á presentación asistiron, tamén: Mario González, xerente do Consello Municipal de Deportes; Ana Tejeiro, responsable de Viaqua en Ourense; José Luís González 'Chelis', da Escola Municipal de Piragüismo; e unha representación dos pioneiros do descenso do Miño.

Concello de Ourense, 2018-06-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES