Archivo (8 del 2017)

Buscador

Noticias

Os concertos, que se desenvolverán entre as 21,30 e as 2,00 horas na praza da Estrela, no peirao de Transatlánticos e no Espazo Mahou, serven de complemento ao programa estritamente deportivo, que reúne atletas de elite de Europa, América e Asia en disciplinas como BMX, Skateboarding, FMB Dirt Jump, MTB Downtown, Flatland, Motocross e Motonáutica.
O vindeiro sábado, 12 de agosto, vaise celebrar a décimo cuarta edición da Festa do Percebe de Rinlo. O evento foi presentado este mediodía nese peirao. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, comentou que “este vindeiro sábado, día 12 de agosto, volve a Ribadeo, particularmente volve a Rinlo, esta parroquia pequena, pero tan marabillosa que temos aquí en Ribadeo, a Festa do Percebe de Rinlo".
Este luns celebrouse a inauguración da XX edición de Viñetas desde o Atlántico, que terá lugar na cidade ate o día 13 de agosto. Nun acto no Kiosco Alfonso, no que estivo presente o director do evento, Miguelanxo Prado, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín e o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, o rexedor destacou que “Viñetas deste o Atlántico forma xa parte dos símbolos que nos definen e identifican como cidade”.
A editora da revista LUZES vén de publicar dous novos libros, Novos episodios galegos, de Manuel Rivas e Diario dun repunante, de Xosé Manuel Pereiro, que os autores presentarán na carpa da Federación de Libreiros de Galicia, nun acto denominado “Luzes contra a extinción do xornalismo. Homenaxe aos periodistas democráticos, de Víctor Casas a Luís Pita”.
A Fundación Curros Enríquez en colaboración co Concello de Celanova organiza nas semanas do 7 ao 11 de do 21 ao 25 de agosto unha ludoteca de verán impartida por Xurxemurxe Xestión Cultural. Destinada a nenos de entre 4 e 12 anos e cun horario de 10:30 a 13:30 realizaremos unha volta ao mundo en 10 días.
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu esta mañá a presentación da Mostra Folklórica Internacional, unha cita que ao longo das súas trinta e nove edicións converteuse, en palabras de José Manuel Balseiro, “nun dos máis importantes escaparates de cultura, da danza, do arte e da tradición en Galicia”.
La Feria del Libro de A Coruña abrió esta mañana las puertas de la suya cuadragésimo sexta edición, que ofrecerá un programa de más de un ciento de actividades hasta el próximo 10 de agosto. Algunos de los escritores y escritoras más destacados de Galicia participarán durante los próximos días en este encuentro, que cuenta con cerca de 40 stands.
« Anterior | 3  de  3 | Siguiente »

Archivo

2024 (127)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES