O programa deste ano contempla un amplo número de actividades que se desenvolverán durante catro días -os vindeiros 3, 4, 5 e o 6 de agosto-. O domingo, será a quenda do peche estelar que sempre se corresponde coa Gran Gala Internacional da Mostra, todo un espectáculo que achega a Viveiro as diferentes culturas do mundo.
Durante a presentación da Mostra, ademais do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, que fixo de anfitrión, tamén participaron membros do colectivo organizador como a presidenta de Bágoas da Terra, Maria Carmen López (Chipe) ou Xulio Xiz (presentador da gala), ademais da alcaldesa da localidade, María Loureiro.
Gran potencial cultural, turístico e económico
Balseiro puxo en valor que, como non podía ser doutro xeito, a Xunta está comprometida e apoia a Mostra a través da Consellería de Cultura- e faino baixo o convencemento do potencial cultural, turístico e económico que ten para Viveiro e para o conxunto da comarca e da provincia.
Pero ademais o delegado territorial da Xunta destacou que só hai tres festivais culturais en toda España que conten co aval e o apoio do Ministerio de Cultura e un deles é a Mostra Folklórica de Viveiro o que amosa a magnitude da importancia dun evento que cada ano reúne no seu día grande a unhas 5.000 persoas na praza maior de Viveiro.
Actuacións de sete grupos folclóricos nacionais e internacionais
A Gran Gala do domingo é o prato forte deste evento, tendo en conta ademais que a entrada é libre e de balde ata contemplar o aforo, onde se habilitiará un espazo especialmente destinado para persoas con mobilidade reducida.
Nesta edición contan coa actuación de sete grupos folclóricos. Desde o internacional Ballet de la Universidad de Colima de México; ata Song And Dance Ensemble Bielsko de Polonia; continuando polo Grupo Etnográfico Da Areosa de Portugal ou o Ballet Carmen López de Colombia.
Xa no ámbito nacional están previstas as actuacións dos Coros y Danzas de Granada, e dos Coros y Danzas Jovellanos de Xixón; ademais da actuación do grupo anfitrión como é Bágoas da Terra de Viveiro.
Música na rúa e Mostra Infantil
Pero ademais o programa contempla outras moitas propostas, desde exposicións de pintura ata audicións musicais polas rúas e prazas de Viveiro, xa que logo os corpos de música participantes ofrecerán concertos de música tradicional dos seus respectivos países, como xeito de achegarse mais ao pobo e que este aprecie de primeira man as súas músicas e cantos.
Finalmente, o xoves 3 de agosto, ás 20:30h. na Praza Maior, ten lugar un dos eventos recibidos con maior agarimo, como é a Mostra Folklórica Infantil que nesta ocasión contará coa participación do grupos Cacharelas E Galochas de Saiñas de Xove; do Grupo Mistura de San Cibrao, da ACR Os do 21 de O Vicedo; do Grupo Xilbarbeira de Boiro, do Grupo infantís de Bágoas da Terra: Bazar, Pindusa e Ledaiña; e como convidado especial da Asociación Maura Xeva de Xixón Asturias.
A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.