
Ademais, no Marisquiño volverán ocupar un lugar destacado outras propostas como o break dance ou o graffiti.
A organización agarda que máis de 160.000 persoas gocen desta programación, que dota O Marisquiño dunha marca con personalidade propia como a gran cita coa cultura urbana do norte peninsular.
Na súa oferta musical, que inclúe concertos e sesións DJ de acceso gratuíto, teñen unha gran presenza os artistas de Galicia, de onde proceden máis da metade dos que conforman o cartel desta edición. Así, na praza da Estrela actuarán TR3S (Santiago de Compostela), Jas Processor (Cangas), Banana Bahía Music (Vigo), Overdose DJs (Vigo) e Lopes (Camariñas). No peirao de transatlánticos estarán Nave Nodriza (A Coruña), DJ Morcego (Santiago), Playa Desmayo (A Coruña), DJ Juan (Vigo) e Kings of the Beach (Vigo), mentres que os concertos de Presumido (Vigo) e Mounqup (Ourense) terán lugar no Espazo Mahou.
Completan este cartel propostas chegadas doutros puntos da península, como as de Galera, Killimanjaro, Trono de Sangre, Airaboi, 7 Notas 7 Colores, Grotèsque, Willis Drummond, Dj Pegatas ou Aries.
A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.