Buscador
Noticias
A versión ampliada desta ferramenta lingüística elaborada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidade incorpora preto de 32 millóns de palabras, das que algo máis de 400.000 son formas diferentes. Proceden de xornais, semanarios, revistas, ensaios e ficción (novela, relato curto e teatro).
A xornada Xogar tamén é cousa seria aborda, na Biblioteca e Arquivo da Cidade da Cultura, as experiencias na creación de videoxogos en Galicia co fin de difundir o traballo do sector do videoxogo na nosa Comunidade e as novas oportunidades e posibilidades que esta industria ofrece á educación, a sanidade ou a comunicación. A actividade promove así o coñecemento do potencial do xogo dixital.
Trátase da proposición de Lei de financiamento dos partidos políticos que sitúa a Galicia como a primeira comunidade que adapta o seu réxime ás novas esixencias estatais. O PPdeG insiste en que se establece un sistema de financiamento eminentemente publico e endurece o control da normativa estatal. Prohíbense doazóns de persoas xurídicas, anónimas e físicas superiores a 50.000 euros ao ano, según informa o PPdeG.
O xoves 2 de xullo, a Cidade da Cultura acolle a primeira das 24 actuacións que ten preparadas para gozar ao caer o sol: a da banda compostelana Puma Pumku, trala que actuarán Amatria e The Lákazans coa mellor combinación de blues, soul e rock. Os concertos no Gaiás son de balde ás 21h.
O cesteiro Antonio Suárez, de Vigo, o zoqueiro Alfonso Ferro, de Vila de Cruces e o oleiro Aparicio Añón, de Malpica, falarán nas charlas Coas mans da experiencia dos seus máis de 40 anos de traxectoria nos seus oficios. Será no IV Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de divulgación do sector.
Trátase do segundo ano consecutivo en que a capital arxentina acolle no mes de outubro de 2015- esta cita de carácter social, cultural e lúdico, que acadou unha presenza de público e participantes sen precedentes, éxito que colleu por sorpresa ás propias colectividades galegas.
Para fomentar hábitos saludables, Gadis organizó esta actividad en la que participaron más de 6.000 alumnos de siete localidades de Galicia y de Castilla y León. Ahora entrega en Lugo los premios de esta campaña de visitas escolares que se cierra coincidiendo con el final de curso.
Vicente Mohedano e Mabel Rivera, en calidade de presidente e vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), reuníronse con representantes de Agadic e da Consellería de Cultura para abordar asuntos relativos ás políticas teatrais e audiovisuais.
A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia quere achegar ao público galego o traballo de destacadas formacións internacionais, aplaudidas en festivais como Avignon ou Edimburgo, xunto coas últimas propostas de compañías galegas, cun amplo programa de 7 días (entre o 18 e 25 de xullo).
Favorecer a escrita dramática en galego e reactivar a radio como soporte artístico da creación contemporánea son os principais obxectivos do certame, dotado con 6.000 euros. Os traballos finalistas emitiranse durante o outono na programación da Radio Galega e serán publicados nun libro-CD. As bases pódense consultar nas webs www.crtvg.es e www.cultura.gal.