
Tres veteranos de referencia do sector artesán galego conversarán na feira Corazón da ArtesanÃa. IV Encontro de ArtesanÃa Tradicional e Popular de Galicia que se celebra en Agolada (Pontevedra) entre os dÃas 3 e 5 de xullo dos máis de 40 anos de traxectoria nos seus oficios. O cesteiro Antonio Suárez, de Vigo, o zoqueiro Alfonso Ferro, de Vila de Cruces e o oleiro Aparicio Añón, de Malpica participarán o sábado pola mañá na iniciativa “Coas mans da experiencia”.
Trátase dunha serie de conversas con expertos artesáns, cuxa longa traxectoria profesional vén marcada pola aprendizaxe no obradoiro familiar, que foron forxando a súa mestrÃa ao longo de toda unha vida de traballo dedicada ao oficio e que hoxe en dÃa están considerados figuras de referencia nas súas respectivas especialidades e mestres de moitos dos profesionais que se foron incorporando ao sector da artesanÃa.
O cesteiro Antonio Suárez Dávila (Vigo) será o encargado de abrir estas conversas, a partir das 11:30 horas. Antonio vén dunha familia dedicada á cesterÃa, aprendeu o oficio de neno e dedicou a súa vida á elaboración de cestos e á formación de profesionais e afeccionados. As coleccións de cesterÃa tradicional de todas partes de Galicia que alberga o Centro de ArtesanÃa Tradicional de Vigo e tamén o Museo do Mar, son froito do traballo de investigación e de recuperación levado a cabo por Antonio Suárez, referente inequÃvoco da cesterÃa galega. Actualmente ten a súa tenda – taller na Rúa dos Cesteiros do casco antigo de Vigo e algunhas das súas pezas forman parte da colección de ArtesanÃa de Galicia que se está a presentar nas feiras de decoración Tent London (Reino Unido) e Formex (Suecia).
Ãs 12:00 horas, o zoqueiro Alfonso Ferro, de Merza (Vila de Cruces) falará sobre a súa traxectoria no taller familiar de elaboración de zocos, exemplo claro da evolución dun oficio tradicional, e que este ano 2015 cumpre 100 anos en activo. Grazas á combinación da marroquinerÃa coa elaboración dos zocos, este taller conseguiu non só manter vivo un oficio tradicional e convertelo no seu modo de vida, senón modificar o uso tradicional do zoco creado para cubrir unha necesidade básica e convertelo nunha peza adaptada ás tendencias actuais da moda, chegando mesmo a ver o seu labor recoñecido co Premio ArtesanÃa Contemporánea Antón Fraguas no ano 2010.
Aparicio Añón (Malpica de Bergantiños) falará a partir das 12:30 sobre o seu traballo nun dos catro centros de olerÃa tradicional aÃnda activos hoxe en dÃa en Galicia, Buño. Aparicio é na actualidade o oleiro de Buño máis antigo que se dedica a este oficio tradicional e o mestre de referencia para a maiorÃa dos oleiros que comezan coa súa formación. No seu taller de olerÃa combina as formas tradicionais con outras de novo deseño e ten participado en diferentes eventos de carácter internacional baixo a marca ArtesanÃa de Galicia.
As conversas estarán conducidas por Pablo Quintana, fundador de Canela Producións editorial etnográfica, e estudoso e divulgador polifacético da cultura popular de Galicia e da zona occidental de Asturias.
O Corazón da ArtesanÃa. IV Encontro de ArtesanÃa Tradicional e Popular, que se celebra no conxunto histórico-artÃstico dos Pendellos de Agolada do 3 ao 5 de xullo, é un evento integral de divulgación e de posta en valor da artesanÃa e dos oficios artesáns, asà como da súa interrelación con outras disciplinas artÃsticas. No amplo programa de actividades, centrado na exposición e venda de produtos artesanais e alimentarios de calidade, inclúense tamén actuacións musicais, formación especializada para artesáns e outras actividades nas que poderá participar o público asistente como showcookings, exposicións ou obradoiros de artesanÃa abertos ao público.
O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ãngel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 dÃas por unha consulta co especialista. Asà o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 dÃas de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 dÃas menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.