Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (comercio-2.jpg) Foi presentada a nova edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego, froito da colaboración entre o Executivo autonómico e a Federación Galega de Comercio, que se desenvolverá entre o 10 e o 30 de abril de 2026. Esta iniciativa ten como obxectivo incentivar e dinamizar o comercio de proximidade. Para iso, sortearanse 20.000 euros en premios entre as persoas consumidoras que realicen compras nos establecementos adheridos durante o período da campaña. En concreto, repartiranse 44 tarxetas prepago por valor de 250 euros -11 por cada provincia galega- e outras 60 de 150 euros -15 por cada provincia- para gastar nos comercios minoristas galegos. Ademais, celebrarase un gran sorteo final en directo previsto para o mes de maio entre as persoas asistentes ao acto de entrega de premios.

Opinión

OpinionTanto a finais do século XIX como a principios do XX, os galegos íamos á estepa de Castela á sega do trigo. Xuntábanse en cuadrillas baixo as ordes dun maioral, ou un maioral buscaba obreiros e así en grupo marchaban andando a terras castelás. Para os galegos era insoportable a calor que facía por aquelas terras en...
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (nenos_1.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe a posta en marcha dun programa específico para reducir o abandono escolar centrado en varóns e na poboación inmigrante sen educación secundaria de segunda etapa, é dicir, que non contan con títulos superiores ao de ESO. O responsable do Executivo autonómico apuntou que a redución do abandono escolar é un 'importantísimo asunto de carácter estrutural no que a Xunta está embarcada hai tempo'. Aínda que indicou que 'imos polo bo camiño', lembrando que Galicia pechou 2025 cunha taxa do 10,4%, case tres puntos por debaixo da media estatal, sinalou que 'non podemos conformarnos nin moito menos'. Así, lembrou que a taxa de abandono educativo temperán é case o dobre nos homes (13,5%) ca nas mulleres (7,2%), polo que o Goberno galego está a intensificar as medidas especiais sobre eles.

Notas de Galicia

O Plan de Marketing Turístico de Lugo (PSTD Et edendo Lucus) é a folla de ruta 2024‑2026 que define a estratexia para posicionar á cidade como un referente europeo en turismo de calidade. O seu obxectivo principal é impulsar un turismo sostible que combine a riqueza do patrimonio romano, a biodiversidade da Reserva da Biosfera e a tradición enogastronómica da zona, para converter a Lugo nun destino imprescindible para amantes da historia, da natureza e da gastronomía, recoñecido pola súa autenticidade, innovación e compromiso ambiental.

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (carballo-interplay-2026.jpg) O XIII Carballo Interplay desenvolverá do 16 ao 19 de abril un programa de 32 actividades arredor da creación dixital contemporánea, das series en pequeno formato, a cultura de internet e a reflexión sobre os novos modos de comunicar na rede. O certame reforza este ano a presenza do galego como lingua de creación, conversa e pensamento no ecosistema dixital, cunha programación específica arredor dos contidos no noso idioma nas RRSS, accións formativas para a mocidade, premios dirixidos a recoñecer o talento que crea na nosa lingua e novas oportunidades para a produción de proxectos.

Notas de Galicia

O teatro galego celebrou a súa gran festa no Teatro Rosalía Castro da Coruña coa entrega dos XXX Premios de Teatro María Casares, o principal recoñecemento das artes escénicas en Galicia. Nunha gala marcada pola emotividade e o espírito festivo, a obra Reconversión, da compañía Ibuprofeno Teatro, erixiuse como a gran gañadora da edición ao acadar un total de seis galardóns.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (carlos-mouriz.jpg) A mi me da en la nariz
que este chaval desgarbado
se llama Carlos Mouriz.
ver todas

Humor

Humor Sabela Arias HumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorMillán M.
 

 
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES