
Ao tempo, volverá combinar entretemento, análise, industria e comunidade nunha proposta ampla e transversal que confirma a singularidade do encontro. Así se deu a coñecer hoxe na presentación celebrada no Museo de Bergantiños, na que participou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, xunto ás codirectoras do festival, Sonia Méndez e Andrea Villa, e representantes do Concello de Carballo.
O Carballo Interplay vén contando nas súas pasadas edicións co apoio da Xunta a través da convocatoria de subvencións para festivais audiovisuais da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, dotada en 2026 con 310.000 euros para contribuír á organización de citas estratéxicas para o sector en Galicia e actualmente en trámite de resolución.
Visibilidade e impulso
No acto de presentación, Jacobo Sutil destacou a súa capacidade para anticiparse aos cambios do ecosistema dixital e convertelos nunha programación útil, atractiva e conectada co presente. O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo tamén o acento no valor do festival como plataforma de visibilidade e impulso para novas xeracións de creadoras e creadores, especialmente no eido dos contidos en galego, e subliñou a súa fortaleza á hora de situar a creación dixital como un ámbito central da cultura contemporánea, con capacidade para xerar industria, abrir conversacións relevantes e conectar coa mocidade desde formatos e linguaxes propias.
De feito, un dos sinais máis recoñecibles en Carballo Interplay 2026 é o protagonismo estrutural da creación dixital en galego, presente tanto en actividades de reflexión e conversa como nos certames do festival. A programación do xoves 16 de abril incidirá especialmente nesta liña cunha xornada arredor da lingua nas redes, na que participarán máis de 350 alumnas e alumnos de centros de ensino secundario.
Ese día desenvolveranse a conversa Sobrevivir en galego nas redes sociais, con Prado Rúa e Konachadas, e o obradoiro Radicalmente online Activismo en redes sociais, impartido por Marina G. Canedo. A proposta complétase coa presentación do número cinco da revista Clara Corbelhe, arredor do artigo Scroll, lingua, nación: a galeguidade política nas redes na era TikTok, coa participación de Malva F. R. e Élia Lago.
Tamén volverán ocupar un lugar destacado os certames de creación dixital en galego. O Premio á Produción de Contido Dixital en Galego concederá 3.000 euros para o desenvolvemento do proxecto gañador, mentres que os galardóns á Mellor Canle e á Mellor Creadora ou Creador recoñecerán con 600 euros cada categoría. Estes dous galardóns acadaron este ano unha participación de 35 proxectos, a cifra máis alta ata o momento, o que confirma o dinamismo e o crecemento deste ámbito creativo.
Programa amplo e transversal
O Carballo Interplay estrutúrase en oito bloques e 32 actividades, nunha combinación de sección oficial, estreas, shows e podcast en directo, contidos de creación galega, obradoiros, faladoiros profesionais, paneis e música ao vivo. A súa Sección Oficial volverá ser un dos grandes piares do festival con 19 series, 17 delas procedentes de 10 países, co que se consolida a proxección exterior do certame e o seu papel como escaparate de novas narrativas no audiovisual dixital. A programación incluirá a preestrea en Galicia de Millennial Mal, da galega Lorena Iglesias; a presentación de Epidemia Invisible, de Román Varela, gañadora do Premio á Produción de Contido Dixital en Galego na pasada edición; e a proxección infantil da serie galega de animación PIPO.
O festival reunirá tamén directos, podcast e propostas creadas especificamente para esta edición, como Rajando con
Bimboficadas, Pop y Muerte, Sexo en Nueva York Podcast, Ill see you in my dreams. Twin Peaks e Plot Twins. Duplicadas por guión, achegando por primeira vez a Galicia algunhas das voces máis destacadas do panorama dixital estatal. A actividade prevista inclúe Zona PRO, os paneis sobre IA, divulgación de novos formatos, e o concerto de Pantis.
A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha 'Aquí Sabemos', unha nova identidade destinada a dar maior visibilidade aos produtos agroalimentarios galegos que contan con distintivos de calidade diferenciada. A iniciativa agrupa baixo unha mesma imaxe as denominacións de orixe (DO), as indicacións xeográficas protexidas (IXP), a Artesanía Alimentaria e a Agricultura Ecolóxica, co propósito de facilitar o seu recoñecemento por parte dos consumidores e reforzar a súa presenza no mercado. A nova marca nace como unha ferramenta común de promoción, que mantén os nomes de cada certificación, así como as súas características e garantías específicas, integrándose nunha identidade compartida que pretende amosar a diversidade e riqueza do sector agroalimentario galego.
A instalación, que permanecerá na lagoa ata o 2 de maio de 2026, está realizada con madeira autóctona de castiñeiro e empregando técnicas tradicionais de carpintaría náutica. A obra recupera así saberes vencellados á arquitectura popular e á construción naval galega. A produción da mesma foi realizada pola empresa galega Casabio Timber Frame, contando coa colaboración de Jaime Pareja Arquitectura no seu proceso de deseño estrutural e adaptación ao terreo. 'A auga é un intre que aprendeu a quedar' parte dunha lectura contemporánea do territorio como unha paisaxe híbrida nacida da interacción entre os sistemas naturais e a acción humana.