Necesitamos tempo
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 09 de abril de 2026
Certamente que o ser humano é o máis perfecto e completo da creación; por algo fomos creados a imaxe e semellanza do mesmo Deus.
Parecémonos a Deus; pero non somos Deus.
Pero tamén é ben certo que necesitamos máis tempo que ningún outro ser para medrar, ter autonomía e "madurar":
-Tardamos como media:
-Un ano para camiñar, mentres que os outros mamíferos xa se erguen no momento de nacer.
-Dous anos para falar; pero o resto dos seres non posúen o uso da palabra.
-Seis ou sete anos para aprender a ler e escribir.
-Máis de vinte anos para emanciparnos e para madurar...
PARA SER AUTÓNOMOS
Entre vinte e trinta anos.
Noutros tempos alcanzábase a automía moito máis cedo.
Dedicábase menos tempos á preparación académica.
Casábase arredor dos viente ou vintecinco anos.
Fundábase unha vida a esa idade; moitos na casa dos proxenitores e outros por conta propia.
Ultimamente dedicamos moito tempo para instruirnos, pero a autonomía vai con retraso e a maduración, tamén.
¿PARA MADURAR?
Esto de madurar xa é "outro cantar"
O proceso de maduración é moi lento, MOI LENTO.
Imos aprendendo pouco a pouco e ó longo de toda a vida e, a veces, aínda se nos fai curta...
Grazas a Deus que, en condicións normais, temos capacidade para aprender toda a vida; pero aínda así...
Tropezamos moitas veces na mesma pedra.
A veces caemos nos mesmos erros que os nosos antepasados e outras veces tropezamos en pedras diferentes; pero tropezamos.
NON DÁMOS APRENDIDO
QUE TODO O QUE FACEMOS TEN UNHAS CONSECUENCIAS:
-Se os esposos non regan cada día o amor recíproco, a parella rómpese un día ou outro.
-Se non educamos á infancia na casa, non podemos esperar que a eduque a escola ou o mundo.
-Se non somos conscientes do valor insustituible da educación no fogar.
-Se a familia elude responsabilidades, a sociedade cae en picado.
-Se non respectamos os valores de toda a vida, construimos torres no aire.
-Se non dámos o mellor de nós, estamos desperdiciando oportunidades e tampouco os demais nos darán o mellor de sí.
-Se non valoramos o profesorado, estamos creando ignorantes.
-Se non valoramos os sacerdotes da Igrexa Católica, non recoñecemos unha institución de dous mil anos de antigüidade e negamos ó seu propio Fundador que é Deus e sen Deus nos somos nada.
-Se non coidamos os nosos proxenitores, non nos coidarán os descedentes.
E SEGUIMOS LAMENTÁNDONOS
-PORQUE HOXE EN DÍA FRACASAN MOITOS MATRIMONIOS sen parar a analisar o pouco esmero que se pon en preparar un plan de vida en común e un matrimonio como Deus manda.
-POLO BAIXO NIVEL EDUCATIVO sen fixarnos da pouca atención e os malos exemplos que reciben hoxe en día os estudiantes en moitos fogares.
-POLA IRRESPONSABILIDADE DE MOITA XUVENTUDE sen pararnos a pensar nas irresponsabilidades cometidas por moitos adultos, incluídos os que ocupan postos de moita relevancia.
-PORQUE A XENTE NOVA É MOI HEDONISTA, cando os educamos con toda clase de comodiades para que non lles falte de nada.
-PORQUE A XENTE NOVA NON RESPECTA AS TRADICIÓNS, cando a enviamos a ver mundo sen coñecer nin valorar a súa propia realidade circundante na que se desenvolveron tódolos seus ancestros.
-PORQUE VEÑEN TEMPOS EGOÍSTAS cando educamos para competir en lugar de educar para compartir.
-PORQUE SOMOS MATERIALISTAS E CONSUMISTAS porque pensamos que con bens materiais xa solucinamos todo; pero a nosa alma ten sede e fame de amor a Deus e ós irmáns, para crear fraternidade.
-PORQUE A ANCIANIDADE É UNHA CARGA, esquecendo que se non morremos novos, todos chegaremos a anciáns.
FÁLTANOS TEMPO
Para comprender que somos froito do amor e que a solución está en amar ós outros como desexamos que nos amen.
"AMOR CON AMOR SE PAGA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora