//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.749 deles 367 son da área da Coruña, 170 da de Lugo, 412 da de Ourense, 156 da de Pontevedra, 360 da área de Vigo, 167 da de Santiago e 117 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 42 en unidades de hospitalización e 1.695 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.716 persoas curadas, rexistrándose 2.661 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.941.690. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.616.466.
O Servizo Galego de Saúde vén de posicionar á Galicia como a segunda comunidade autónoma con mellores datos de lista de agarda para acceder a unha intervención cirúrxica en todo o sistema sanitario español, só por detrás do País Vasco. Segundo o último informe emitido polo Sistema de Información sobre Listas de Espera do Sistema Nacional de Saúde, durante o primeiro semestre do ano 2021, a comunidade galega contou cunha media de 70 días de agarda para operarse, situándose 51 días por debaixo da media nacional.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.367 deles 317 son da área da Coruña, 134 da de Lugo, 322 da de Ourense, 114 da de Pontevedra, 263 da área de Vigo, 123 da de Santiago e 94 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 46 en unidades de hospitalización e 1.311 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.633 persoas curadas, rexistrándose 2.658 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.934.401. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.598.012.
A Xunta de Galicia anima a todas as nenas e nenos da Comunidade a compartir as súas opinións, ideas e inquedanzas sobre aqueles asuntos do seu interese no futuro Consello Galego de Participación Infantil e Adolescente e, 'deste xeito, participar na toma de decisións e o deseño de políticas públicas'. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, adiantou, así mesmo, durante o noveno Foro Infantil UNICEF Parlamento de Galicia, que se celebrou esta mañá no Pazo do Hórreo, que o decreto que regulará a constitución e funcionamento deste organismo afronta xa a súa recta final.
A Xunta de Galicia emitiu un total de 2.149.567 certificados covid. Deles, 2.070.953 foron certificados de vacinación, 48.833 foron certificados de resultado de proba diagnóstica e outros 29.781 certificados de ter superado a enfermidade. ademais, e tras aprobarse por parte do Goberno de España a venda de autotest nas oficinas de farmacia, a Xunta de Galicia asinou, co obxectivo de evitar unha maior carga asistencial na atención primaria, un acordo cos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia para que as oficinas de farmacia adheridas poidan acreditar a validez dos resultados destas probas e integrar os seus resultados nos rexistros do sistema público de saúde.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.285 deles 317 son da área da Coruña, 124 da de Lugo, 295 da de Ourense, 106 da de Pontevedra, 233 da área de Vigo, 113 da de Santiago e 97 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 9 están en UCI, 44 en unidades de hospitalización e 1.232 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.595 persoas curadas, rexistrándose 2.656 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.932.022.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 993 deles 258 son da área da Coruña, 85 da de Lugo, 259 da de Ourense, 78 da de Pontevedra, 146 da área de Vigo, 85 da de Santiago e 82 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 están en UCI, 37 en unidades de hospitalización e 945 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.482 persoas curadas, rexistrándose 2.655 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.924.506. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.574.548.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 745 deles 195 son da área da Coruña, 56 da de Lugo, 184 da de Ourense, 69 da de Pontevedra, 101 da área de Vigo, 66 da de Santiago e 74 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 9 están en UCI, 30 en unidades de hospitalización e 706 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.331 persoas curadas, rexistrándose 2.653 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.913.631. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.526.010.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 581 deles 152 son da área da Coruña, 50 da de Lugo, 138 da de Ourense, 55 da de Pontevedra, 81 da área de Vigo, 55 da de Santiago e 50 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 6 están en UCI, 28 en unidades de hospitalización e 547 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.199 persoas curadas, rexistrándose 2.653 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.904.554. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.501.211.
Galicia estará presente na COP26, a 26ª Conferencia das Nacións Unidas sobre o cambio climático que se está a celebrar en Glasgow (Escocia). A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asistirá ás actividades do vindeiro domingo, 7 de novembro. Este novo cumio, que deu inicio a pasada fin de semana e se prolongará ata o 12 de novembro, permitirá poñer en contacto a gobernos de todo o mundo e abrir un debate sobre os diferentes proxectos e iniciativas que cada rexión promove para frear o avance da crise que provoca este fenómeno global.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de publicar no DOG a oferta de Formación Profesional para o curso 2020/2021, na que se consolida a FP Dual. Nesta modalidade ábrese matrícula en 56 destes proxectos, entre eles o de grao superior en Termalismo e Benestar, que se implantará no CIFP A Farixa.
Trátase dun título deseñado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a petición de Galicia, que se implanta por primeira vez na Comunidade galega e nunha zona con tradición neste sector, Ourense.
Neste encontro on-line sobre mulleres autónomas e emprendemento, que se vai celebrar este venres, 26 de xullo, ás 10 h, van intervir o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca. Na videoconferencia, os participantes poderán coñecer as experiencias de catro mulleres emprendedoras.
Mulleres protagonistas é unha iniciativa da Xunta que reúne a mulleres de distintos sectores en diálogo aberto coa Administración para escoitar propostas e realizar unha posta en común sobre os retos e dificultades do colectivo.
Este dato refírese ás 2.354 prazas en 97 especialidades diferentes convocadas para os corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño, de profesores técnicos de formación profesional, e de inspectores de educación. O procedemento selectivo celebrarase en 2021.
Coincidindo coa súa onomástica e máis co cabodano do seu pasamento, este mércores estreará nova ubicación na Praza Maior de Lugo o busto adicado a Xoan Montes Capón, que despois de estar inicialmente na parte baixa de Santo Domingo, pasou décadas na Praza de San Roque, e agora ven para a Praza Maior, por iniciativa de diversos colectivos lucenses e do Concello de Lugo.
Mamá, papá, son heterosexual. Baixo este título e tras unha mirada seria das suas protagonistas, Nós Mesmas quere remover conciencias e reflexionar sobre a visibilidade e o respecto á diversidade afectiva, sexual e de xénero á población en xeral, utilizando o humor como ferramenta con esta campaña elaborada por Muller de 6 ollos para a asociación. O Orgullo reinventase. A crise do 2020 modificou na sociedade a forma de comunicarse, de visibilizarse e relacionarse e sen dúbida, afectou máis profundamente ás persoas xa de por si vulnerables.
O sector de feiras e eventos en Galicia volve a poñerse en marcha tras meses de inactividade debido á crise sanitaria xerada polo covid-19. Faino tras a publicación das medidas de prevención aprobadas para a transición a unha nova normalidade, as cales supoñen a posibilidade de retomar esta actividade. Unha publicación que supón unha gran nova para a Asociación Galega de Feira e Eventos (Agafe), xa que marca o pistoletazo de saída dun dos sectores máis afectados pola crise do coronavirus
Galicia viviu unha primavera climatolóxica moi cálida e normal en canto ás precipitacións. Estas foron as principais características dun período que estivo marcado pola variabilidade, diversidade e tempo cambiante, tal e como se recolle no resumo do informe elaborado por MeteoGalicia. A temperatura da primavera foi moi cálida, cunha anomalía positiva na temperatura media de +1.68 ºC. Os tres meses tiveron tempo cambiante, pero en xeral os días de frío foron suaves.
O grupo que dirixe o profesor da USC José Martínez Costas no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), entra nunha nova fase de investigación para o desenvolvemento dunha vacina contra a COVID-19. A Comisión Europea acaba de concederlle financiamento para a realización de probas preclínicas en animais de experimentación. Estas probas permitirán, se os resultados son satisfactorios, chegar ata a fase clínica de ensaios en humanos.
O Campus de Verán XuvenCiencia 2020 será un campus en rede, que non virtual, xa que os proxectos propostos resultan moi tanxibles e requirirán traballo de campo, segundo afirman os promotores da oitava edición dun campamento científico que sortea as limitacións derivadas da pandemia cunha proposta colaborativa e a distancia, dirixida a alumnado de 4º de ESO e BAC de Galicia e España, que se desenvolverá do 29 de xuño ao 3 de xullo.
As estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) constitúen potenciais axentes na alerta e control de posibles brotes do virus SARS-CoV-2, segundo apuntan os primeiros resultados da investigación que está a desenvolver na EDAR de Ourense o catedrático de Enxeñaría Química da USC Juan Manuel Lema, xunto cos investigadores do Instituto CRETUS Sabela Sabela Balboa e Miguel Mauricio, Viaqua e o Servizo de Microbiología e Parasitología do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).