
A conselleira de Medio Ambiente manifesta a oportunidade que representa este evento para Galicia, non só para expoñer o traballo que se está a desenvolver nesta parte atlántica de Europa; senón tamén para coñecer os proxectos que se realizan noutras rexións punteiras pola súa acción polo clima, así como a experiencia e visión dos líderes en cuestións tan importantes como a evolución das emisións de CO2. Deste xeito, reforzarase o traballo que realiza Galicia neste ámbito.
Ángeles Vázquez indica que a participación de Galicia neste cumio que reunirá un gran número de líderes mundiais servirá para ratificar a súa adhesión á Coalición Under2, un foro que ten por obxectivo acelerar a posta en marcha de políticas contra o cambio climático, para manter a temperatura global e limitar o quecemento global. A Asemblea Xeral do 2021 deste grupo terá lugar, precisamente, na mañá do domingo.
A Comunidade aproveitará, así mesmo, para atopar sinerxías con outras rexións tamén comprometidas de xeito ambicioso en reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, así como para compartir as estratexias que nesta materia impulsa o Goberno galego.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade.