//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 38.640 deles 8.484 son da área da Coruña, 4.044 da de Lugo, 4.035 da de Ourense, 4.320 da de Pontevedra, 8.649 da área de Vigo, 6.822 da de Santiago e 1.910 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 44 están en UCI, 619 en unidades de hospitalización e 37.977 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 431.781 persoas curadas, rexistrándose 3.038 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.640.605. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.501.312 .
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 48.835 deles 10.467 son da área da Coruña, 5.108 da de Lugo, 4.901 da de Ourense, 5.212 da de Pontevedra, 11.743 da área de Vigo, 8.771 da de Santiago e 2.328 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 44 están en UCI, 625 en unidades de hospitalización e 48.166 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 414.927 persoas curadas, rexistrándose 3.022 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.625.954. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.476.233.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 49.182 deles 10.738 son da área da Coruña, 5.030 da de Lugo, 4.894 da de Ourense, 5.267 da de Pontevedra, 11.834 da área de Vigo, 8.819 da de Santiago e 2.334 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 47 están en UCI, 635 en unidades de hospitalización e 48.500 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 410.907 persoas curadas, rexistrándose 3.015 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.619.252. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.466.694.
Galicia aplicará a lei na que se levanta a obriga do uso das máscaras en exteriores, pero mantén a recomendación de empregala onde se poidan producir agrupacións dun número importante de persoas. Ao respecto dos colexios, os expertos do subcomité clínico lembran que se comenzou a administrar a segunda dose da vacina, polo que, ata que os rapaces teñan a pauta completa, o recomendable é seguir coa máscara en espazos exteriores.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 49.376 deles 10.790 son da área da Coruña, 5.107 da de Lugo, 4.791 da de Ourense, 5.287 da de Pontevedra, 12.161 da área de Vigo, 8.895 da de Santiago e 2.345 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 646 en unidades de hospitalización e 48.682 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 406.714 persoas curadas, rexistrándose 3.008 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.612.477. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.456.867.
A Xunta de Galicia vén de solicitar ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia prorrogar a obrigatoriedade de presentar os certificados covid-19 ata o vindeiro día 26 de febreiro, nos ámbitos actuais. Os indicadores epidemiolóxicos, amosan unha tendencia descendente, tanto na taxa a 7 días (1.034 casos por cada 100.000 habitantes), como na taxa a 14 días (2.393 casos por cada 100.000 habitantes). Non obstante, estes valores seguen a ser elevados, o que indica que o virus continúa a ter unha elevada circulación.
Un de cada catro adolescentes en Galicia usa de forma intensiva e sen supervisión Internet e as redes sociais; ademais, un de cada cinco podería 'ter un certo enganche' aos videoxogos, segundo o informe que presentou este martes 8 de febreiro UNICEF Comité Galicia, coa colaboración da USC e do Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría en Informática (CCII), baixo o título 'Impacto da Tecnoloxía na Adolescencia en Galicia. Relacións, Riscos e Oportunidades'. O estudo recolle as opinións de máis de 3.000 adolescentes de 19 centros de Ensino Secundario Obrigatorio de Galicia, dos que o 90,8% conéctase a Internet todos ou case todos os días.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 51.561 deles 11.223 son da área da Coruña, 5.365 da de Lugo, 5.033 da de Ourense, 5.482 da de Pontevedra, 12.892 da área de Vigo, 9.115 da de Santiago e 2.451 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 45 están en UCI, 656 en unidades de hospitalización e 50.860 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 401.355 persoas curadas, rexistrándose 2.987 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.605.948. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.455.253.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 53.706 deles 11.596 son da área da Coruña, 5.573 da de Lugo, 5.185 da de Ourense, 5.731 da de Pontevedra, 13.724 da área de Vigo, 9.390 da de Santiago e 2.507 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 689 en unidades de hospitalización e 52.969 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 395.178 persoas curadas, rexistrándose 2.976 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.601.200. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.453.410.
As Universidades de Santiago, Vigo e A Coruña impulsarán puntos de información xuvenil itinerantes co obxectivo de achegar os recursos, programas e axudas existentes aos universitarios galegos. Este novo servizo comeza o martes e irá emprazándose polas diferentes facultades dos campus galegos ao longo dos vindeiros meses. Coa finalidade de continuar achegando información á mocidade, o Goberno galego desenvolve esta nova iniciativa, coa que pretende asesorar aos estudantes das tres universidades galegas.
Achegarse á arte de seis mulleres, que desde múltiples linguaxes formulan nos seus proxectos unha reflexión en torno a cuestións sociais e de xénero diversas. Isto é, segundo destaca a súa comisaria, Celeste Garrido, o que propón a XXVII edición da exposición colectiva Voilà la Femme, que desde este martes pode visitarse na sede do Ateneo Santa Cecilia de Marín.
O programa de micromecenado da USC Sumo Valor a través da súa liña específica centrada na loita contra a COVID-19, financia o proxecto de vacina contra o SARS-CoV-2 que o equipo de José Martínez Costas está a desenvolver dende o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS).
O University Ranking by Academic Performance (URAP) incorpora un ano máis a USC na súa listaxe das institucións de ensino superior do mundo con mellor rendemento académica. Logo de procesar os datos de 3.000 institucións, este ránking puntúa as 2.500 mellores, de entre as que a Universidade de Santiago ascende á posición 456 da clasificación mundial e á posición décimo cuarta de entre as 66 universidades españolas recollidas.
A Xunta de Galicia vacinou, ata o de onte, coas primeiras 18.500 doses, a algo máis de 12.000 persoas de 152 centros sociosanitarios, cumprindo o plan elaborado pola Consellería de Sanidade, segundo o cal, cada semana vacinaranse arredor de 12.200 persoas, aínda que non se descarta vacinar a máis, se se garante a chegada comprometida polo Ministerio de Sanidade.
A Dirección Xeral de Saúde Pública vén de acordar a prórroga da campaña de vacinación contra a gripe 2020 que se estenderá ata o 16 de xaneiro de 2021, ou até esgotar as doses, co obxectivo de que se poidan vacinar contra esta infección todas aquelas persoas que aínda non o fixeron. A ampliación da campaña está destinada tanto para aquelas persoas que pertencen ás poboacións nas que a vacinación contra a gripe está indicada, como para a restante poboación que desexe vacinarse.
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, organismo dependente da Consellería de Sanidade, que coordina e xestiona as urxencias e emerxencias sanitarias na Comunidade Autónoma galega reitera, un ano máis, o seu chamamento aos condutores e aos peóns para que extremen as precaucións nas estradas durante os vindeiros días de festividade.
A Xunta de Galicia acaba de recoñecer o traballo de oito centros educativos galegos co Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Este galardón ten como obxectivo impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas de inclusión que se realizan nos centros docentes así como recoñecer o labor que, neste sentido, está a desenvolverse actualmente nos centros educativos.
Segundo recolle o estudo de Anabel Antela 'A lingua galega no sector textil. Visión, opinión e posición da xeración millenial galega', publicada pola Mesa pola Normalización Lingüística co apoio da Deputación de Pontevedra, o 60,3% da xente nova afirma que o feito de que un produto estea anunciado en galego a induce á compra.
'Afán por aprender e por contribuír ao desenvolvemento científico do seu pais', así definen o profesor José Ángel Docobo e a investigadora Carmen Villaverde Pérez os eixos que definiron a traxectoria do catedrático da USC José Rodríguez González, ao que definen como o primeiro científico galego. Neste ano 2020, cumpríronse 250 anos do seu nacemento. Rodríguez González estudou Astronomía e Altas Matemáticas no Observatorio e College de Francia, onde traballou e tivo amizade con grandes científicos como Laplace, Delambre, Biot ou Arago.
O Centro Ocupacional de Vilalba Terra Chá creou un Bosque de Nadal para o comedor de Zara Loxística -pioneiro na restauración sostible mundial-. O Bosque está formado por varias árbores de madeira de pino autóctono que apostan pola produción feita en Galicia e as técnicas artesanais. Trátase dun deseño orixinal do Centro ocupacional, que tamén se encargou da súa creación e instalación na sede de Inditex en Arteixo, como parte da ambientación navideña.