//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O catedrático de Análise Matemática da USC, Juan José Nieto, xunto cos investigadores Iván Area da Universidade de Vigo e Delfim Torres da Universidade de Aveiro, concluíron no mes de febreiro un modelo matemático co que abordar a evolución da COVID-19 e que prevía que o punto de inflexión da epidemia en Galicia se rexistraría durante a primeira semana de abril, tal e como finalmente sucedeu. Este equipo ao que tamén se sumaron o catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira, así como Luís Seoane do CSIC, continúa coas súas análises e suxire empregar unha metodoloxía semellante á das enquisas electorais para determinar o alcance real dunha pandemia da que, afirman, "comeza a verse a luz ao final do túnel".
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.939, deles 1.252 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.166 da de Ourense, 501 da de Pontevedra, 1.090 da área de Vigo, 1.001 da de Santiago, e 338 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 136 permanecen en UCI, 735 están en unidades de hospitalización e 5.068 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.186 altas de pacientes e 369 falecementos. O número de PCR realizadas é de 46.110.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.833, deles 1.228 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.154 da de Ourense, 482 da de Pontevedra, 1.078 da área de Vigo, 973 da de Santiago, e 327 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 140 permanecen en UCI, 742 están en unidades de hospitalización e 4.951 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.143 altas de pacientes e 360 falecementos. O número de PCR realizadas é de 43.992.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.747, deles 1.169 son da área da Coruña, 592 da de Lugo, 1.129 da de Ourense, 483 da de Pontevedra, 1.085 da área de Vigo, 963 da de Santiago, e 326 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 143 permanecen en UCI, 716 están en unidades de hospitalización e 4.888 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.082 altas de pacientes e 347 falecementos. O número de PCR realizadas é de 42.122.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.631, deles 1.151 son da área da Coruña, 571 da de Lugo, 1.082 da de Ourense, 469 da de Pontevedra, 1.074 da área de Vigo, 963 da de Santiago, e 321 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 149 permanecen en UCI, 766 están en unidades de hospitalización e 4.716 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 997 altas de pacientes e 318 falecementos. O número de PCR realizadas é de 39.432.
Os profesionais do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (SPDCIF) de Galicia levan realizadas máis dun millar de desinfeccións en centros de saúde e residencias de maiores e discapacitados dende que comezara a súa colaboración de maneira preventiva no marco da situación de emerxencia declarada por mor do coronavirus. Estas actuacións, que realizan estes traballadores de xeito totalmente voluntario, lévanse a cabo en ata 200 municipios galegos durante esta situación de emerxencia sanitaria. Ademais dos centros asistenciais están a desinfectar outras áreas do rural especialmente concorridas, como beirarrúas ou zonas establecidas para a recollida do lixo.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.551, deles 1.148 son da área da Coruña, 563 da de Lugo, 1.041 da de Ourense, 470 da de Pontevedra, 1.069 da área de Vigo, 939 da de Santiago, e 321 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 154 permanecen en UCI, 794 están en unidades de hospitalización e 4.603 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 910 altas de pacientes e 297 falecementos. O número de PCR realizadas é de 36.799.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.460, deles 1.138 son da área da Coruña, 566 da de Lugo, 1.001 da de Ourense, 460 da de Pontevedra, 1.066 da área de Vigo, 911 da de Santiago, e 318 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 158 permanecen en UCI, 835 están en unidades de hospitalización e 4.467 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 800 altas de pacientes e 278 falecementos. O número de PCR realizadas é de 34.423.
O Programa do Bono de Alugueiro Social acaba de convocar unha liña de subvencións destinada especificamente ao alugamento de vivendas para vítimas de violencia de xénero, fillos dependentes e vítimas de trata con fins de explotación sexual. Así consta na Resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia en virtude da cal as persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes a partir de mañá e ata o próximo 11 de decembro de 2020, salvo que se esgote antes o crédito orzamentario: 2.050.000 euros repartidos entre as anualidades de 2020 e 2021. Cómpre lembrar que a Xunta creou o Bono de Alugueiro Social específico para víctimas de violencia de xénero en 2019, concedendo nesa primeira convocatoria un total de 120 axudas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.435, deles 1.117 son da área da Coruña, 563 da de Lugo, 999 da de Ourense, 466 da de Pontevedra, 1.094 da área de Vigo, 884 da de Santiago, e 312 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 162 permanecen en UCI, 910 están en unidades de hospitalización e 4.363 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 688 altas de pacientes e 208 falecementos. O número de PCR realizadas é de 32.146.
El reconocimiento de esta actividad se realiza a petición de las propias asociaciones de artesanos, dado el interés que despierta en cada vez más profesionales. El taller de la especialista Viviana Araújo impartirá el primer curso específico sobre esta materia organizado por la Fundación Centro Gallego de Artesanía.
A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, explicou que nesta nova edición constatarase como a feira de Turismo Termal máis importante a un lado e ao outro do océano Atlántico. O certame se desenvolverá a finais de setembro ou principios de outubro na localidade de Foz de Iguazú.
O último estudo realizado sobre o curso 2012/13 no Sistema Universitario de Galicia mostra unha mellora na inserción de tres puntos porcentuais con respecto á estatística anterior. O salario neto tamén aumenta preto dun 5% con respecto aos datos do curso 2011/12 e o 76,66% dos titulados que traballan están desenvolvendo funcións de nivel universitario no seu emprego.
O evento celébrase o sábado das festas da Ascensión, polo que se prevé que asistan miles de persoas, tanto de Santiago coma visitantes e turistas, superando as cifras de asistencia das dúas edicións anteriores. O primeiro desfile celebrouse o 21 de maio do 2010, con motivo do trinta aniversario da película da saga O Imperio contraataca.
Coas Bolsas excelencia mocidade exterior retornarán á terra os currículos universitarios máis brillantes dos galegos no estranxeiro. Os primeiros beneficiarios iniciarían os seus estudos nalgunha das tres universidades galegas este mes de setembro. O Goberno galego engade esta nova medida ás xa adoptadas para facer fronte ao reto demográfico.
A Universidade de Santiago comeza unha nova experiencia de visitas guiadas ao seu patrimonio. Trátase dun percorrido curto que parte do Claustro de Fonseca e percorre o Colexio de San Xerome onde pode admirarse a Galería de Reitores e remata cunha vista da Praza do Obradoiro dende o balcón do Salón Reitoral.
Asinouse o documento entre representantes do Sergas e dos sindicatos coa implicación da Xunta pola estabilidade no emprego ao baixar a porcentaxe de eventualidade do 8% ao 5%, tres puntos por debaixo do obxectivo asumido polo Ministerio de Hacienda. O conselleiro de Sanidade di que o obxectivo do Sergas é efectuar o 75% das medidas do Plan neste ano.
O profesor do Departamento de Electrónica e Computación da USC Joaquín Triñanes acaba de recibir na sede do International Maritime Organization (IMO) en Londres a Medalla Denny que dende 1893 outorga anualmente o IMarEST (Institute of Marine Engineering, Science and Technology) ao mellor artigo publicado no Journal of Operational Oceanography 2016.
O director José Luis Cuerda participa o xoves 6 de abril na programación do ciclo Descarboniza! Que non é pouco..., proxecto do grupo de investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC (SEPA) que se desenvolve en centros socioculturais da capital de Galicia co fin de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.
Atendendo á tradición, ao seu interese turístico e ás peticións populares, o Concello de Santiago será o promotor da "Festa da Uña". Deste xeito, o Goberno quere garantir a celebración desta cita tradicional, en risco porque por primeira vez este ano non existía unha comisión veciñal que se encargara da organización e das tramitacións necesarias.