
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol DÃaz Mouteira, participou na rolda de prensa na que se fixo pública que a localidade brasileña de Foz de Iguazú foi elexida sede para a próxima edición de Termatalia en Amércia Latina, cuxa celebración está prevista para 2018. Nesta cidade, cos seus principais recursos económicos estreitamente vinculados ao auga, emprázanse as famosas cataratas de Iguazú e acolle a central hidroeléctica maÃs grande do mundo en xeración de enerxÃa, Itaipú Binacional.
O acto desenvolveuse no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense e contou tamén coa intervención do presidente da Deputación ourensá, José Manuel Baltar, e o director de Expourense, Alejandro RubÃn.
DÃaz Mouteira indicou que Termatalia dende a súa creación, en 1997, ata a actualidade este certame ten evolucionado e ampliado as súas propostas ata converterse na Feria Comercial Internacional de Turismo de Saúde de España. “Esta distinción recoñece a importancia e a transcendencia internacional que representa este evento e demostra a súa importancia como ponte de conexión entre a tradición termal europea e o potencial termal de Iberoamérica”, afirmou a delegada territorial, engadindo que Termatalia se converteu nun auténtico referente internacional do Turismo de Saúde.
Coas edicións anteriores celebradas en Perú, Arxentina e México “Termatalia constátase como a feira de Turismo Termal máis importante a un lado e ao outro do océano Atlántico”, sinalou DÃaz Mouteira.
A máxima representante da Xunta en Ourense desexou que a futura edición desta feira en Brasil se converta nunha oportunidade máis de invitar ao resto do mundo a coñecer Galicia e todos os seus atractivos termais, destacando que a nosa comunidade é unha das rexións xeotérmicas máis importantes de Europa e ofrece experiencias turÃsticas singulares a través do termalismo.
Durante a presentación de Termatalia Brasil 2018 proxectouse un vÃdeo no que axentes públicos e privados de Foz de Iguazú manifestaban a súa satisfacción por ter sido elexido a súa localidade sede desta feira de termalismo que se desenvolverá a finais de setembro, principios de outubro e que suporá novas oportunidades para as empresas de España e Galicia, asà como do resto de paÃses participantes.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Asà o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos paÃses e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.