
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou que “estamos pendentes de fixar a OPE de 2017, a nosa idea é facelo en outubro ou novembro” e que hai marxe de que se aproben os orzamentos a nivel nacional para poder chegar ás 1.600 prazas. Neste senso, lembrou que Sanidade sempre mantivo o compromiso da realización de ofertas públicos de emprego anuais co número máximo de prazas vacantes chegando ao lÃmite das taxas de reposición establecidas.
O conselleiro de Sanidade procedeu esta mañá a formalizar a sinatura do Plan de Estabilidade do Emprego e Provisión de Prazas do Persoal Estatutario do Servizo Galego de Saúde 2017-2018. O Pacto foi asinado cos sindicatos profesionais CESM-OMEGA, SATSE, asà como polo CSIF.
Almuiña destacou que o Plan reducirá nunha medida moi relevante (ata o 5%) a porcentaxe que representa o persoal eventual. Este obxectivo sitúase ata tres puntos por debaixo do obxectivo asumido polo Ministerio de Hacienda, “o feito de baixar ao 5% cando o obxectivo nacional é do 8% mide a implicación da Xunta neste sentido”, afirmou.
O Plan está concibido para o perÃodo 2017-2018, e o conselleiro de Sanidade destacou que é obxectivo do Sergas efectuar o 75% das medidas neste ano.
AsÃ, da dotación aos cadros de persoal con arredor de 800 prazas para a conversión de persoal eventual en interinidades en praza vacante, o 50% xa está executada, coa conversión a data de hoxe de 438 nomeamentos de servizo determinado en interinos. No segundo semestre deste ano formalizaranse 200 novas interinidades, e outras 200 no primeiro semestre de 2018.
Ademáis, o Plan reforza o compromiso de mobilidade voluntaria dos profesionais facilitando a conciliación da vida familiar e laboral, incluÃndo nos concursos de traslados prazas cubertas con nomeamentos de interinidade formalizados en execución do propio Plan de Estabilidade.
Tamén regula a implantación ao longo deste ano dun concurso aberto e permanente para garantir unha mobilidade do persoal propietario máis áxil, cara a destinos próximos ás súas localidades de residencia ou con mellores expectativas de desenvolvemento profesional.
Na procura dunha simplificación da tramitación e ofrecendo maior transparencia, o Plan contempla a incorporación a tramitación electrónica a través da ferramenta online FIDES/Expediente-e de diferentes procesos de provisión como postos de xefatura e coordinación ou persoal directivo.
Asà mesmo, no marco do Plan desenvolverase o procedemento de selección de persoal licenciado sanitario facultativo especialista de área conforme a unhas bases negociadas, de aplicación común e uniforme en todas as xerencias do Sergas.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Asà o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos paÃses e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.