
O alcalde, Martiño Noriega, ven de asinar unha resolución para que o Concello de Santiago sexa promotor da "Festa da Uña" de San Lázaro, na súa edición de 2017. Deste xeito, o Goberno quere garantir a celebración desta cita tradicional, en risco porque por primeira vez este ano non existÃa unha comisión veciñal que se encargara da organización e das tramitacións.
Atendendo á tradición, ao seu interese turÃstico e ás peticións populares neste sentido, o Concello de Santiago será o promotor da "Festa da Uña", e a concellerÃa de Medio Ambiente e Convivencia facilitará a celebración dos festexos. O tempo, a resolución de alcaldÃa sinlala que a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil prestará un servizo de especial atención ao barrio de San Lázaro durante os dÃas de celebración da Festa.
O alcalde deu conta desta resolución na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, na que se mostrou convencido de que a celebración da "Festa da Uña" está garantida "porque é unha tradición popular e un desexo da veciñanza". Martiño Noriega expresou o seu desexo de que nos próximos anos volva estar activa a comisión "que é a fórmula empregada en todas as festas dos distintos barrios composteláns, aÃnda que require un gran esforzo por parte dos seus integrantes".
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Asà o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos paÃses e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.