
O Diario Oficial de Galicia publica na súa edición do 11 de abril a convocatoria das novas ‘Bolsas Excelencia Mocidade ExteriorÂ’, coas que o Goberno galego posibilitará que cen titulados universitarios galegos e de currÃculo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, poidan cursar estudos de máster nalgunha das tres universidades galegas.
A previsión é que as e os primeiros beneficiarios da medida comecen os seus estudos no mes de setembro. Esta nova medida do Goberno galego capta asà para o territorio o talento máis brillante de entre as mozas e os mozas residentes fóra, fomentando o retorno da poboación activa laboral e contribuÃndo a fixar novos residentes no territorio. Os beneficiarios da iniciativa deben ser galegos por nacemento ou descendente por consanguinidade, acreditar un mÃnimo de dous anos de residencia no Exterior, e estar admitido na pre inscrición dalgún dos másters das universidades galegas.
A bolsa, cuxo importe é de 7.000 ou 7.650 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo) por curso completo de 60 créditos ECTS, destÃnase a cubrir os gastos de matrÃcula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial. A oferta centrarase en estudos con capacidade de absorción no tecido produtivo e laboral galego. O investimento global inicial por curso académico desta iniciativa é de 1.000.000 de euros.
A iniciativa será xestionada por Emigración en colaboración coa ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, as universidades galegas, e a ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e Industria, para atraer cada ano a galegos que viven fóra e que completen aquà a súa formación especializada, traballen en Galicia e fixen definitivamente a súa residencia no territorio galego.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Asà o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos paÃses e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.