
No Teatro Principal de Santiago, está prevista a proxección ás 18.30 horas do filme ‘Amanece que no es poco’, á que seguirá un debate, ás 20.30 horas, sobre ‘Sub-realismo e cambio climático’ que contará coa presenza do director.
A coincidencia do tÃtulo do filme de José Luis Cuerda e o interese en indagar na relación que nel se presenta coa problemática ambiental, en xeral, e o cambio climático, en particular, motiva a organización deste sesión de visionado e posterior conversa co director. As persoas interesadas en acudir deberán reservar unha invitación no enderezo de correo electrónico descarboniza@resclima.info.
Descarboniza
Reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro é o obxectivo principal do grupo de investigación SEPA co proxecto ‘ Descarboniza! Que non é poucoÂ’. Con este xogo de palabras, o grupo da USC presenta unha iniciativa que busca organizar e acompañar grupos de persoas que estean dispostas a “descarbonizar” os seus estilos de vida, combatendo dende o ámbito do cotiá o cambio climático. Durante o primeiro semestre de 2017 o grupo SEPA desenvolve unha iniciativa piloto no Concello de Santiago a través dun convenio de colaboración coa ConcellarÃa de Medio Ambiente e Convivencia.
Tomando como punto de referencia o traballo que se desenvolve nos Centros Socioculturais da cidade, o proxecto botou a andar con tres grupos iniciais: un grupo xuvenil no CSC de Vite, unha asociación de mulleres rurais da parroquia de Lavacolla e un grupo mixto no Centro de Fontiñas. A partir dunha información especÃfica que se lle facilitará, cada grupo a través de distintas dinámicas irán decidindo qué facer e cómo para reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro.
Coa metodoloxÃa de traballo elixida, SEPA pretende contribuÃr á participación activa da cidadanÃa nos problemas ambientais e na vida pública xeral. Os seus promotores apelan deste xeito á “resiliencia comunitaria, é dicir, dende a necesidade de articular mecanismos que, como comunidade e cos propios recursos, lles permita resolver satisfactoriamente os retos actuais”. Esta forma de traballar pon en valor “as actividades vivenciais significativas que conectas ás persoas co problema e o traballo grupal e comunitario que lle outorga proxección social”. Deste xeito, “ experimentar os coñecementos adquiridos e facelo acompañado doutras persoas convértese asà na metodoloxÃa de traballo”.
A proposta do grupo SEPA parte da consideración do cambio climático como “o maior reto ambiental ao que se terá que enfrontar a humanidade nas próximas décadas”. A súa relevancia e impacto “están fóra de toda dúbida e a posta en marcha de iniciativas de mitigación e adaptación revélase unha obriga inescusable para estados, comunidades autónomas e municipios, entre outras moitas entidades”.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Asà o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos paÃses e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.