//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O teléfono de atención e información 012 atendeu dende o inicio do estado de alarma, concretamente dende o 16 de marzo, máis de 70.000 chamadas, das que un 70% -unhas 49.500- se produciron nas liñas directamente relacionadas coa atención de consultas non sanitarias de particulares e empresas relacionadas co coronavirus COVID-19. Un incremento de máis dun 44% en chamadas con respecto ao mesmo período do ano pasado. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, visitaron esta mañá as instalacións do servizo, onde en primeiro lugar, o vicepresidente agradeceu o labor dos xestores telefónicos durante estes días, nos que atenderon unha media de 1.000 chamadas diarias con dúbidas relacionadas co coronavirus.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.808, deles 658 son da área da Coruña, 166 da de Lugo, 462 da de Ourense, 160 da de Pontevedra, 781 da área de Vigo, 455 da de Santiago, e 126 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 30 permanecen en UCI, 206 están en unidades de hospitalización e 2.572 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.802 persoas curadas, rexistrándose 582 falecementos. O número de PCR realizadas é de 107.957.
A Xunta defende que a limitación por franxas horarias nas saídas ao exterior dos galegos debería fixarse de acordo ao número de habitantes por parroquias rurais e núcleos de poboación, e non por concellos. Así, as persoas con liberdade horaria pasarían de ser o 15% da poboación a algo máis do 47%. Así se trasladou durante a reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), que estivo presidida polo vicepresidente da Xunta. No Cecop participan tamén a Delegación de Goberno e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). O Goberno central estableceu a liberdade de horarios de saídas nos municipios de menos de 5.000 habitantes, sen aclarar se este límite é por núcleos de poboación ou parroquias, ou ben polo termo total do concello.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.819, deles 669 son da área da Coruña, 179 da de Lugo, 541 da de Ourense, 155 da de Pontevedra, 696 da área de Vigo, 451 da de Santiago, e 128 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 37 permanecen en UCI, 226 están en unidades de hospitalización e 2.556 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.561 persoas curadas, rexistrándose 573 falecementos. O número de PCR realizadas é de 106.081. O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 2,2% do total das persoas residentes.
O Servizo Galego de Saúde elaborou o seu propio plan de continxencia ante a pandemia do COVID-19. A previsión de recursos asistenciais e capacidade de asistencia hospitalaria que se contempla prevé unha capacidade asistencia hospitalaria en distintas fases para poder chegar a dispor de 10.313 camas de hospitalización convencional para atención a enfermos de COVID-19 (38,2 camas por 10.000 habitantes), e 689 camas de coidados críticos (2,55 camas de coidados críticos por 10.000 habitantes). Do total de camas de hospitalización convencional para COVID-19, 8.149 correspóndense coa rede de centros públicos do Sergas, 906 da rede de centros privados e 1.258 cunha expansión hospitalaria que se podería activar en 5 días.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.056, deles 740 son da área da Coruña, 223 da de Lugo, 588 da de Ourense, 182 da de Pontevedra, 715 da área de Vigo, 468 da de Santiago, e 140 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 34 permanecen en UCI, 253 están en unidades de hospitalización e 2.769 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.234 persoas curadas, rexistrándose 569 falecementos. O número de PCR realizadas é de 104.990.
A recollida selectiva de envases experimentou en Galicia durante o mes de marzo un incremento de máis do 25% respecto do mesmo período do ano anterior. Así o constatou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante a videoconferencia que mantivo esta mañá co director xeral de Xestión Local e Autonómica de Ecoembes, Ángel Hervella, e o xerente da entidade para a Zona Norte, Fernando Blázquez, co fin de coñecer de primeira man como está a funcionar este servizo durante o estado de alarma derivado do COVID-19. Neste sentido, os responsables de Ecoembes para Galicia explicaron que o confinamento da poboación e as restricións impostas debido ao coronavirus non se están a reflictir nas cifras de reciclaxe dos contedores amarelos e azuis.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.187, deles 771 son da área da Coruña, 222 da de Lugo, 613 da de Ourense, 186 da de Pontevedra, 773 da área de Vigo, 475 da de Santiago, e 147 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 36 permanecen en UCI, 255 están en unidades de hospitalización e 2.896 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.075 persoas curadas, rexistrándose 563 falecementos. O número de PCR realizadas é de 103.116.
A Xunta enviou preto de 8 millóns de unidades de protección aos 313 concellos galegos, ás residencias e centros sociais da comunidade e a pequenas e medianas empresas e autónomos. As entregas realizáronse desde a plataforma loxística Clonegal que o Goberno galego puxo en funcionamento hai pouco máis dun mes. Alfonso Rueda visitou hoxe este centro loxístico, dende onde se distribúe o material de protección para dar cobertura ás necesidades de todo o persoal involucrado na loita contra a expansión do coronavirus, agás o sanitario. Na súa visita, destacou que o reparto se realiza de xeito centralizado e programado para axilizar o proceso co obxectivo de abastecer a todas entidades e particulares que pediron apoio á Xunta do material que precisaban e que non podían conseguir cos seus medios.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.235, deles 787 son da área da Coruña, 227 da de Lugo, 632 da de Ourense, 194 da de Pontevedra, 768 da área de Vigo, 476 da de Santiago, e 151 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 37 permanecen en UCI, 261 están en unidades de hospitalización e 2.937 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 5.981 persoas curadas, rexistrándose 557 falecementos. O número de PCR realizadas é de 101.036
Martiño Noriega reiterou que o Concello quere que "as festas sexan tamén un escaparate do que se fan os grupos e artistas de Santiago, que poucas veces teñen a oportunidade de mostrárense en escenarios únicos como a praza do Toural", en pleno centro de Compostela.
Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 530 quilos de diversas especies e 354 útiles de pesca en diversos controis realizados nos últimos días. Os axentes tamén incautaron un total de 3.000 metros de aparellos de enmalle.
Ata o xoves 6 de xullo, celébrase a 3ª edición do Obradoiro de cociña para nenos Celanova Chef rganizado pola Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova. Desta volta trátase de tres xornadas que se repetirán do 11 ó 13 de xullo para quen non puidera asistir nesta primeira semana.
O conselleiro de Cultura e Educación participou nos actos do segundo aniversario da declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade, que tiveron como colofón a colocación dunha placa conmemorativa no interior da Catedral de Nosa Señora da Asunción. Anticipouse tamén a musealización da casa de Cunqueiro ou as futuras actuacións no xacemento arqueolóxico dos Castros.
Mozos e mozas interesáronse polo programa de prácticas profesionais da Fundación Universidade da Coruña durante a primeira Feira de Emprego organizada pola Cámara de Comercio na cidade. Para a xestión das demandas de prácticas profesionais en empresas, a FUAC pon ao dispor dos usuarios a plataforma Emplea, a través da cal foron tramitadas un total de 1.606 prácticas durante o pasado exercicio.
Trátase dun dos principais resultados do estudo O futuro laboral dos mozos, presentado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria quen salienta o axuste da FP ás necesidades dos tecidos produtivos galegos. O informe foi elaborado pola Fundación AXA e Educa 20.20.
O secretario xeral da Emigración participa na semana Galician Cinema & Food Festival, que exhibe a actualidade e modernidade do país en pleno corazón de Manhattan. Miranda gaba o éxito dos galegos na cidade máis influente do mundo, asegurando que hoxe somos, en boa medida grazas ao voso traballo, punta de lanza do continente e do mundo.
Luís Villares e Luca Chao participaron nas concentracións contra os peches dos centros de As Pontes e Serra de Outes. En Marea, xunto cos outros dous grupos da oposición, PSdG e BNG, pediu a comparencia do conselleiro de Educación para que explique por que un día antes da finalización do curso escolar anuncia o peche de catro centros en toda Galicia sen xustificación por falta de alumnado.
El 23 de junio tuvo lugar el acto de reapertura del museo diocesano catedralicio de Lugo. El obispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, acompañado del presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo, y otras autoridades inauguraron oficialmente la reapertura de este museo.
Galicia, Norte de Portugal e Castela e León elaborarán conxuntamente un plan territorial de emerxencias transfronteirizas como socios do proxecto europeo ARIEM +. O obxectivo da iniciativa é seguir avanzando na xestión conxunta das emerxencias de fronteira. O ARIEM + ten un investimento de máis de 4 millóns de euros dos que un 75% son fondos da UE.