Notas de prensa

En Marea oponse ao peche de colexios en Galicia e pide a comparecencia parlamentaria do conselleiro de Educación

Luís Villares e Luca Chao participaron nas concentracións contra os peches dos centros de As Pontes e Serra de Outes. En Marea, xunto cos outros dous grupos da oposición, PSdG e BNG, pediu a comparencia do conselleiro de Educación para que explique por que un día antes da finalización do curso escolar anuncia o peche de catro centros en toda Galicia sen xustificación por falta de alumnado.

En Marea oponse de maneira decida ao peche inxustificado de colexios en Galicia. O voceiro de En Marea, Luís Villares, e a deputada Luca Chao, participaron nas concentracións realizadas en As Pontes e Serra de Outes contra o peche de centro nestas dúas localidades coruñesas.

En Marea, xunto cos outros dous grupos da oposición, PSdG e BNG, pediu a comparencia do conselleiro de Educación para que explique por que un día antes da finalización do curso escolar anuncia o peche de catro centros en toda Galicia sen xustificación por falta de alumnado.

Luís Villares dixo en As Pontes que o xeito en que "a Xunta anunciou o peche dos centros xa explica que o fan de costas á comunidade educativa e para evitar que o pais poidan organizarse". Villares preguntou se desde a Xunta pensan que pechar "centros escolares é o xeito de decirlle á xente que marchen do rural, se son as medidas dun goberno que anuncio que esta era a lexislatura do rural?".

O voceiro de En Marea asegurou que a formación "non vai consentir o peche destes centros, nin que os alumnos queden sen escolarización tal como a tiñan ata este mesmo curso".

Gabinete de Comunicación de En Marea, 2017-06-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES