Notas de prensa

O 76% dos alumnos de ciclos formativos considera que saen preparados para acceder ao mercado laboral

Trátase dun dos principais resultados do estudo ‘O futuro laboral dos mozos’, presentado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria quen salienta o axuste da FP ás necesidades dos tecidos produtivos galegos. O informe foi elaborado pola Fundación AXA e Educa 20.20.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na presentación do estudo O futuro laboral dos mozos, elaborado pola Fundación AXA e Educa 20.20; un documento segundo o cal o 76% dos alumnos de FP enquisados considera que as ensinanzas que están a cursar prepáraos axeitadamente para acceder ao mercado laboral. Este dato reflicte, tal e como indicou o conselleiro, que as políticas desenvolvidas para vincular a FP ás necesidades dos tecidos produtivos de Galicia van no bo camiño.

Neste sentido o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia lembrou a forte aposta realizada nos últimos anos en prol da posta en valor da FP, que se acaba de reafirmar a través da nova oferta de ciclos formativos. Non en balde, este curso increméntanse as prazas en dual, con 29 proxectos e coa introdución dunha nova modalidade, a da dobre titulación, que permite obter dous títulos en 3 cursos académicos en lugar de nos 4 habituais, mentres o combinan con actividade de traballo real nunha empresa.

Segundo os datos do informe, o 57% dos alumnos de FP pensa que vai atopar traballo na profesión para a que se vai formar e un 40% cre que o atopará fóra de España. Ademais, case o 55% ten como obxectivo principal traballar unha vez remate o ciclo. Finalmente, case un 30% estudaría un ciclo de grao superior ao rematar o ciclo que estuda actualmente.

Plurilingüismo

O futuro laboral dos mozos tomou unha mostra en Galicia de 1.014 mozas e mozos (de entre 16 e 19 anos) das catro provincias galegas. No conxunto de España realizáronse un total de 12.000 entrevistas, todas elas entre estudantes de ESO e Formación Profesional.

Outra das cuestións abordadas na enquisa refírese ao coñecemento por parte do alumnado das linguas estranxeiras, segundo o cal case un 60% dos entrevistados ten un nivel medio ou alto de inglés. O conselleiro sinalou este como un bo dato para continuar avanzando cara a unhas altas porcentaxes de coñecemento do inglés a través da nova estratexia do seu departamento, o EDUlingüe, que ten como obxectivo garantir ao alumnado o acceso a estas ensinanzas de coñecemento de idiomas desde o ensino público en igualdade de oportunidades.

Así mesmo, o estudo sinala que o 14,5% do alumnado ten un nivel medio ou alto de portugués; unha liña prioritaria para o Goberno galego, co fin de aproveitar as sinerxías que o mundo da lusofonía nos abre, o que significará tamén novas oportunidades formativas e laborais. Non en balde, xa estudan a lingua lusa máis de 2200 alumnos galegos.

Vocacións STEM

No referido aos futuros estudos que lle gustaría cursar aos enquisados, só o 12,2% opta polos de Enxeñaría ou Arquitectura e o 10% polos de Ciencias. O conselleiro explicou que esta falta de vocacións STEM (científico-tecnolóxicas) foi detectada xa hai algún tempo pola Xunta de Galicia e está a ser atallada a través de diferentes actuacións.

No futuro máis próximo, o Goberno galego vai desenvolver un plan de ensino dixital a través do que poder fomentar as vocacións STEM a través da introdución da Robótica en Primaria, das materias de libre configuración autonómica sobre este ámbito ou da posta en marcha dos Club de ciencia, entre outras accións; aspectos nos que xa vimos traballando.

Impulso do emprendemento

Román Rodríguez quixo facer fincapé, asemade, sobre o dato do estudo que indica que só o 10% dos enquisados quere crear a súa propia empresa, o 5% ser autónomo ou freelance e o 1% continuar cun negocio familiar. “Este país necesita emprendedores, innovadores, ideas novas. Desde o sistema educativo levamos anos impulsando a cultura emprendedora a través do Plan Eduemprende” que, a través de concursos de ideas de negocio, charlas con persoas que desenvolveron os seus propios proxectos…, busca inculcar este espírito entre os máis novos.

Finalmente, o conselleiro agradeceu aos autores do estudo o seu interese por analizar a perspectiva das mozas e mozos sobre asuntos como os estudos futuros ou as oportunidades laborais e desexou que en vindeiras edicións os resultados deste informe continúen a efectividade das actuacións que se están a desenvolver para mellorar a educación en Galicia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-06-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES