Noticias

Repartidas preto de 8 millóns de unidades de protección no primeiro mes da plataforma loxística Clonegal

A Xunta enviou preto de 8 millóns de unidades de protección aos 313 concellos galegos, ás residencias e centros sociais da comunidade e a pequenas e medianas empresas e autónomos. As entregas realizáronse desde a plataforma loxística Clonegal que o Goberno galego puxo en funcionamento hai pouco máis dun mes. Alfonso Rueda visitou hoxe este centro loxístico, dende onde se distribúe o material de protección para dar cobertura ás necesidades de todo o persoal involucrado na loita contra a expansión do coronavirus, agás o sanitario. Na súa visita, destacou que o reparto se realiza de xeito centralizado e programado para axilizar o proceso co obxectivo de “abastecer a todas entidades e particulares que pediron apoio á Xunta do material que precisaban e que non podían conseguir cos seus medios”.

Os envíos desde a plataforma lévanse a cabo grazas “á cesión das instalacións e da experiencia loxística” da empresa Jevaso, á que o vicepresidente da Xunta agradeceu a súa “implicación” e puxo como exemplo de todas as entidades que están a colaborar coa Xunta na loita contra a pandemia.

O xerente de Jevaso, Jesús Vázquez, sinalou que a entidade decidiu asumir a petición da Xunta para encargarse da distribución, ao considerar que “todas as empresas e cidadáns deben contribuír na medida das súas posibilidades para saír xuntos da actual situación de crise sanitaria”.

O Goberno galego está a proporcionarlle ás entidades locais elementos cos que o persoal de servizos municipais como Protección Civil, Policía Local ou o Servizo de Atención ao Fogar (SAF) poidan seguir desenvolvendo as súas funcións con seguridade. Así, esta semana os municipios de menor tamaño recibiron o seu décimo envío e as sete grandes urbes o cuarto.

Os concellos galegos, incluídas as cidades, teñen recibido máis de 1,5 millóns de unidades de protección. No caso das sete cidades galegas, trátase de 416.400 equipos de protección individual.

A Xunta realizou ademais esta semana un novo envío ás residencias e entidades sociais galegas públicas e privadas. Trátase da quinta entrega que, xunto coas anteriores, suman 2,2 millóns de unidades.

Entre os elementos enviados inclúense máscaras, luvas, traxes antisalpicaduras, batas, calzas, gorros e pantallas faciais e oculares, ademais de xel hidroalcohólico, lixivia e desinfectante.

Tamén están a recibir material os empresarios e autónomos galegos, xa que a Xunta enviou dende a plataforma Clonegal preto de 4 millóns de máscaras aos clusters e asociacións de empresarios e autónomos galegos. Alfonso Rueda aclarou que Galicia foi a única comunidade en ofrecer unha solución a estes colectivos para que puidesen retomar a súa actividade de forma segura. Ademais, proporcionáronselle ao mesmo prezo ao que o adquiriu a Xunta.

O 90% dos equipos que saen do centro foron subministrados pola Administración autonómica. Por iso, o vicepresidente da Xunta solicitou”unha maior coordinación entre administracións e máis implicación do Estado” coa finalidade de garantir a dotación de material á poboación.

R., 2020-05-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES