
O conselleiro de Cultura, Educación e O.U., Román RodrÃguez, participou en Mondoñedo nos actos conmemorativos do segundo aniversario da declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio Universal da UNESCO. No desenvolvemento do mesmo, realizouse unha andaina polo propio Camiño, desde Fonte Vella de Ãlvaro Cunqueiro a Catedral de Nosa Señora da Asunción. Como colofón, descubriuse unha placa conmemorativa deste fito na propia sede mindoniense.
O titular de Cultura fixo fincapé na importancia da incorporación da Catedral de Mondoñedo á Lista do Patrimonio Mundial, “ao considerala como ben inmoble integrante do territorio do Camiño de Santiago”, e referiuse ao compromiso da Xunta na salvagarda deste ben. En concreto, o conselleiro explicou que o seu departamento ten previsto investir entre este e o vindeiro ano máis de 1M de euros no conxunto catedralicio, logo de terse realizado xa todos os estudos previos para determinar as problemáticas patrimoniais do ben.
Finalmente, o conselleiro explicou que, “aÃnda que a Catedral é o eixo que vertebra a fisionomÃa desta vila, desde a ConsellerÃa colaboramos noutras actuacións que contribuirán a mellorar a atracción cultural que Mondoñedo esperta”, e referiuse en concreto a dous proxectos de futuro como son a musealización da casa natal do grande Ãlvaro Cunqueiro e as actuacións no xacemento arqueolóxico dos Castros.
No acto participaron a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, o deán da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Pedro DÃaz, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro.
Actuacións en marcha
Neste momento hai dous proxectos no templo mindoniense. Por unha banda, o de conservación e restauración da catedral, que conta cun orzamento inicial de máis de 880.000 euros, do que actualmente se están a elaborar os pregos para a licitación da obra, e por outro, o proxecto básico e de execución da restauración da Casa dos Cóengos, cun orzamento de máis de 350.000 euros, e do que se vén de abrir hoxe mesmo o sobre C da licitación da obra. Ambas as dúas obras están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e comezarán este mesmo ano.
No caso da Catedral, o ámbito de actuación é a cuberta da catedral e do claustro asà como de maneira puntual en paramentos exteriores da nave da igrexa e obras puntuais de mantemento e conservación das fachadas oeste e norte. Pola súa banda, o obxectivo da intervención na Casa dos Cóengos é garantir o mantemento e conservación do edificio, evitar o seu deterioro e corrixir as diversas patoloxÃas da súa estrutura co fin de acondicionalo para a convivencia de usos propiamente diocesanos e públicos.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.