//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.147, deles 1.382 son da área da Coruña, 594 da de Lugo, 1.200 da de Ourense, 507 da de Pontevedra, 1.089 da área de Vigo, 1.030 da de Santiago, e 345 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 115 permanecen en UCI, 598 están en unidades de hospitalización e 5.434 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.507 altas de pacientes e 430 falecementos. O número de PCR realizadas é de 60.258.
Alberto Núñez Feijóo confirmou que Galicia iniciará a finais de abril o estudo epidemiolóxico sobre o COVID-19 que contará cun total de 100.000 test e destacou que se trata da mostra epidemiolóxica máis grande que se fixo no Sergas. Así mesmo, precisou que o obxectivo deste estudo será o de coñecer cal é a situación e o desenvolvemento da pandemia cunha mostra moi importante da poboación galega. Na última semana de abril se realizará unha primeira onda da mostraxe con 50.925 persoas; e 4 semanas despois recolleranse novas mostras a outras 50.925 persoas. O Instituto Galego de Estatística será o que determine o tamaño da mostra necesaria para que os resultados sexan representativos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.142, deles 1.371 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.207 da de Ourense, 505 da de Pontevedra, 1.095 da área de Vigo, 1.030 da de Santiago, e 343 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 117 permanecen en UCI, 642 están en unidades de hospitalización e 5.383 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.456 altas de pacientes e 415 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 57.400.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.085, deles 1.332 son da área da Coruña, 592 da de Lugo, 1.203 da de Ourense, 501 da de Pontevedra, 1.089 da área de Vigo, 1.025 da de Santiago, e 343 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 123 permanecen en UCI, 678 están en unidades de hospitalización e 5.284 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.383 altas de pacientes e 405 falecementos. O número de PCR realizadas é de 53.829.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, constatou hoxe que Galicia está a conter a pandemia e salientou que a Xunta recibiu xa 30.000 test de dobre banda que adquiriu e que permiten detectar os positivos activos e os inmunizados. A evolución da curva está a ser boa. Podemos dicir que estamos contendo a pandemia e debemos seguir traballando co mesmo rigor, aseverou, despois de analizar onte co comité clínico a evolución da pandemia e as perspectivas para as vindeiras semanas. Ao longo da rolda de prensa, Feijóo resaltou que o Plan de continxencia en marcha baixou do nivel 3 ao nivel 2.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.019, deles 1.280 son da área da Coruña, 589 da de Lugo, 1.193 da de Ourense, 505 da de Pontevedra, 1.085 da área de Vigo, 1.029 da de Santiago, e 338 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 128 permanecen en UCI, 746 están en unidades de hospitalización e 5.145 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.298 altas de pacientes e 391 falecementos. O número de PCR realizadas é de 50.396.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.973, deles 1.271 son da área da Coruña, 590 da de Lugo, 1.187 da de Ourense, 504 da de Pontevedra, 1.077 da área de Vigo, 1.007 da de Santiago, e 337 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 133 permanecen en UCI, 733 están en unidades de hospitalización e 5.107 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.240 altas de pacientes e 384 falecementos. O número de PCR realizadas é de 48.337.
O catedrático de Análise Matemática da USC, Juan José Nieto, xunto cos investigadores Iván Area da Universidade de Vigo e Delfim Torres da Universidade de Aveiro, concluíron no mes de febreiro un modelo matemático co que abordar a evolución da COVID-19 e que prevía que o punto de inflexión da epidemia en Galicia se rexistraría durante a primeira semana de abril, tal e como finalmente sucedeu. Este equipo ao que tamén se sumaron o catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira, así como Luís Seoane do CSIC, continúa coas súas análises e suxire empregar unha metodoloxía semellante á das enquisas electorais para determinar o alcance real dunha pandemia da que, afirman, "comeza a verse a luz ao final do túnel".
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.939, deles 1.252 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.166 da de Ourense, 501 da de Pontevedra, 1.090 da área de Vigo, 1.001 da de Santiago, e 338 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 136 permanecen en UCI, 735 están en unidades de hospitalización e 5.068 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.186 altas de pacientes e 369 falecementos. O número de PCR realizadas é de 46.110.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.833, deles 1.228 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.154 da de Ourense, 482 da de Pontevedra, 1.078 da área de Vigo, 973 da de Santiago, e 327 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 140 permanecen en UCI, 742 están en unidades de hospitalización e 4.951 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.143 altas de pacientes e 360 falecementos. O número de PCR realizadas é de 43.992.
Ata o xoves 6 de xullo, celébrase a 3ª edición do Obradoiro de cociña para nenos Celanova Chef rganizado pola Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova. Desta volta trátase de tres xornadas que se repetirán do 11 ó 13 de xullo para quen non puidera asistir nesta primeira semana.
O conselleiro de Cultura e Educación participou nos actos do segundo aniversario da declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade, que tiveron como colofón a colocación dunha placa conmemorativa no interior da Catedral de Nosa Señora da Asunción. Anticipouse tamén a musealización da casa de Cunqueiro ou as futuras actuacións no xacemento arqueolóxico dos Castros.
Mozos e mozas interesáronse polo programa de prácticas profesionais da Fundación Universidade da Coruña durante a primeira Feira de Emprego organizada pola Cámara de Comercio na cidade. Para a xestión das demandas de prácticas profesionais en empresas, a FUAC pon ao dispor dos usuarios a plataforma Emplea, a través da cal foron tramitadas un total de 1.606 prácticas durante o pasado exercicio.
Trátase dun dos principais resultados do estudo O futuro laboral dos mozos, presentado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria quen salienta o axuste da FP ás necesidades dos tecidos produtivos galegos. O informe foi elaborado pola Fundación AXA e Educa 20.20.
O secretario xeral da Emigración participa na semana Galician Cinema & Food Festival, que exhibe a actualidade e modernidade do país en pleno corazón de Manhattan. Miranda gaba o éxito dos galegos na cidade máis influente do mundo, asegurando que hoxe somos, en boa medida grazas ao voso traballo, punta de lanza do continente e do mundo.
Luís Villares e Luca Chao participaron nas concentracións contra os peches dos centros de As Pontes e Serra de Outes. En Marea, xunto cos outros dous grupos da oposición, PSdG e BNG, pediu a comparencia do conselleiro de Educación para que explique por que un día antes da finalización do curso escolar anuncia o peche de catro centros en toda Galicia sen xustificación por falta de alumnado.
El 23 de junio tuvo lugar el acto de reapertura del museo diocesano catedralicio de Lugo. El obispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, acompañado del presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo, y otras autoridades inauguraron oficialmente la reapertura de este museo.
Galicia, Norte de Portugal e Castela e León elaborarán conxuntamente un plan territorial de emerxencias transfronteirizas como socios do proxecto europeo ARIEM +. O obxectivo da iniciativa é seguir avanzando na xestión conxunta das emerxencias de fronteira. O ARIEM + ten un investimento de máis de 4 millóns de euros dos que un 75% son fondos da UE.
Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición.
Dentro de dous meses produciríase o rexistro definitivo deste selo de calidade. A indicación xeográfica protexida "Capón de Vilalba" aplícase á carne de machos da especie Gallus domesticus castrados cirurxicamente antes de alcanzar a madurez sexual. Son razas semipesadas e de crecemento lento -sacrifícanse cunha idade mínima de 150 días-.