
O Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) publica hoxe a solicitude de inscrición da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Capón de Vilalba no Rexistro comunitario de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas.
Isto significa que se abre un perÃodo de oposición a nivel da Unión Europea de seis meses, que finalizará aos dous meses se ninguén presenta un escrito anunciando a intención de opoñerse. Cando se supere este trámite producirase o rexistro definitivo deste selo de calidade mediante un regulamento de execución da Comisión.
A indicación xeográfica protexida "Capón de Vilalba" aplÃcase á carne de machos da especie Gallus domesticus castrados cirurxicamente antes de alcanzar a madurez sexual. As aves son de diferentes razas e estirpes que teñen como trazo común a súa rusticidade, o que permite a súa crÃa ao aire libre nas condicións climáticas da zona. Son sempre razas semipesadas -as canais como mÃnimo deben pesar 2,5 kg- e de crecemento lento -sacrifÃcanse cunha idade mÃnima de 150 dÃas-.
VÃnculo co territorio
O ámbito xeográfico desta indicación xeográfica protexida comprende a totalidade da comarca lucense da “Terra Chá”, que engloba os municipios de Muras, Xermade, Vilalba, AbadÃn, Pastoriza, Guitiriz, Begonte, Cospeito e Castro de Rei.
A produción do capón nesta área xeográfica realÃzase en pequenas explotacións familiares, que seguen aplicando os métodos tradicionais de crÃa e manexo das aves, que se caracteriza principalmente porque os animais pasan boa parte do dÃa ao aire libre e iso facilita que realicen gran cantidade de exercicio e se alimentan principalmente aproveitando a cuberta vexetal do curral, o que se complementa con millo, outros cereais e outros alimentos de orixe vexetal (verzas, mondaduras de patacas, castañas, etc.) que habitualmente proceden da propia explotación. Estas condicións -xunto coas baixas densidades tanto no galiñeiro coma no curral- inciden directamente nas caracterÃsticas organolépticas da carne.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.