//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.015 deles 1.887 son da área da Coruña, 1.116 da de Lugo, 1.035 da de Ourense, 1.254 da de Pontevedra, 2.469 da área de Vigo, 1.209 da de Santiago, e 1.045 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 94 están en UCI, 511 en unidades de hospitalización e 9.410 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 31.148 persoas curadas, rexistrándose 988 falecementos. O número de PCR realizadas é de 752.416. Dos 988 rexistrados ata hoxe, 181 producíronse en residencias e 244 en hospitais e residencias integradas.
O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.196 deles 1.831 son da área da Coruña, 1.109 da de Lugo, 1.131 da de Ourense, 1.194 da de Pontevedra, 2.475 da área de Vigo, 1.338 da de Santiago, e 1.118 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 85 están en UCI, 508 en unidades de hospitalización e 9.603 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 29.376 persoas curadas, rexistrándose 969 falecementos. O número de PCR realizadas é de 730.777. O número total de positivos en centros educativos é de 1.272, con 68 aulas e un centro pechados.
A Comunidade galega viviu un mes de outubro frío e con precipitacións que se quedaron en valores moi próximos á normalidade. Así se desprende do avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia, que conclúe que en comparación cos valores das estacións máis representativas da comunidade no período histórico de referencia, este outubro foi o máis frío desde o ano 2008. A tónica xeral en Galicia ao longo de todo o mes foi a entrada de sucesivas borrascas, de xeito intermitente pero con moita actividade. Así, outubro arrancou o día 2 co paso de Álex, que deixou na Comunidade galega fortes refachos de vento, chuvia e a entrada de aire frío que mesmo provocou a primeira nevarada do outono en cotas altas.
Alberto Núñez Feijóo comunicou as medidas acordadas tras a reunión do comité clínico, entre as que avanzou o reforzo das restricións nos 60 concellos con maior incidencia epidemiolóxica con novas medidas que entreterán en vigor ás 15,00 horas do vindeiro venres. Baixo a previsión de que as novas limitacións, que afectarán aproximadamente ao 60% da poboación, estean vixente un mes, sempre coa avaliación constante do comité, Feijóo precisou que estas se poñerán en marcha nas cidades e nos perímetros que as conforman como zonas de influencia, así como en concellos puntuais cunha tendencia á alza significativa na incidencia acumulada e no número de casos nos últimos 7 e 14 días.
A exposición, que poderá visitarse ata maio de 2021, está organizada en dez módulos entre os que se repasa, entre outras, a violencia de xénero antes do nacemento da prensa, as primeiras noticias da violencia de xénero, a historia de Asunción González, así como literatura e crónica de sucesos. Tamén se analiza a violencia de xénero en revistas ilustradas e na prensa sensacionalista, así como na prensa actual. Ao longo de cada un dos seus módulos, os visitantes da exposición poderán ver exemplares de cabeceiras de prensa como El Compostelano, que se publicou en Santiago entre o 1920 e 1946. Tamén de Vida gallega, impulsada por Jaime Solá en 1909 e que foi a revista ilustrada máis importante de Galicia durante décadas, ou El Pueblo gallego.
A Xunta de Galicia porá en marcha nos vindeiros días unha unidade específica para atender aos centros escolares no seo da Central de Seguimento de Contactos (CSC). Unha iniciativa, froito da colaboración entre os departamentos de Sanidade e Educación, co obxectivo de facer un seguimento da covid-19 máis axustada á realidade educativa e para reforzar, aínda máis, a seguridade sanitaria nos centros. Esta mesma mañá, os conselleiros de Sanidade, Julio García Comesaña, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, mantiveron unha xuntanza para detallar o funcionamento desta nova unidade da CSC.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.292 deles 1.575 son da área da Coruña, 983 da de Lugo, 1.299 da de Ourense, 1.049 da de Pontevedra, 2.072 da área de Vigo, 1.360 da de Santiago, e 954 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 77 están en UCI, 446 en unidades de hospitalización e 8.769 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 27.752 persoas curadas, rexistrándose 923 falecementos. O número de PCR realizadas é de 700.353.
A Consellería de Sanidade vén de anunciar o establecemento de novas medidas de restrición da mobilidade nas sete cidades galegas e na súa contorna, ás que ademais hai que engadir a limitación de xuntanzas entre persoas conviventes en 14 concellos. Tras a xuntanza do subcomité clínico que fai seguimento á evolución da covid-19 en Galicia, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou do conxunto de medidas adoptadas para conter a expansión do virus na nosa comunidade, destacando que desde as 15,00 h deste mediodía se establecerá unha restrición perimetral de desprazamentos entre algúns concellos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.535, deles 1.285 son da área da Coruña, 743 da de Lugo, 1.414 da de Ourense, 785 da de Pontevedra, 1.502 da área de Vigo, 1.186 da de Santiago, e 620 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 62 están en UCI, 392 en unidades de hospitalización e 7.081 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 26.034 persoas curadas, rexistrándose 882 falecementos. O número de PCR realizadas é de 654.482.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou esta mañá en rolda de prensa que Galicia restrinxirá a mobilidade entre as once da noite e as seis da mañá, cumprindo deste xeito a normativa estatal. Segundo confirmou Comesaña, o comité clínico considerou que este horario é suficiente, tendo en conta que toda a Comunidade está cumprindo o nivel 2 de restricións desde hai unha semana e que se limitaron as xuntanzas a un número máximo de 5 persoas, coas consabidas excepcións en determinados concellos e comarcas.
As políticas públicas e a violencia contra as mulleres centran este martes a temática das xornadas de Formación, educación, xénero e igualdade promovidas polo Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (Cifex) da USC e que se desenvolven na Facultade de Ciencias da Educación da USC (Campus Vida).
O Encontro, que terá lugar esta fin de semana en Santiago de Compostela organizado pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), ofrecerá charlas, unha mesa redonda, un obradoiro e dous eventos lúdicos arredor do mundo da ilustración. Todas estas actividades serán (salvo o obradoiro) gratuítas e abertas ao público xeral, e decorrerán na Unitaria e no Auditorio de Galicia.
A USC mantense un ano máis no listado das mellores universidades do mundo que conforma o ránking Times Higher Education (THE) 2019, concretamente no intervalo 601-800 de entre preto de 1.300 institucións universitarias de todo o mundo. A ordenación das mellores universidades atende a cinco indicadores que se corresponden coas misións universitarias
2100 alumnos e alumnas dos centros plurilingües de Galicia poderán acreditar o seu nivel en lingua inglesa de acordo cos niveis B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Trátase da segunda vez que a Consellería habilita este procedemento para que os estudantes que cursan os seus estudos nos centros da Rede de Centros Plurilingües teñan a posibilidade de acreditar o seu nivel neste idioma.
El Festiclown Palestina 2018, organizado por Pallasos en Rebeldía y dirigido por el clown Iván Prado, se celebra desde el pasado 17 de septiembre y hasta el día 30, por quinto año, con la mision de llevar risas y música a los corazones, teatros y plazas, de los palestinos de Cisjordania. Durante cuatro días la ciudad de Nablus vió sus calles invadidas de arte y esperanza y cientos de niñas y niños vivieron la magia del circo en sus colegios.
Rairiz de Veiga leva 175 anos a representar o combate entre mouros e cristiáns no marco da 'Romaría da Saínza' que este ano ofrecerá un completo programa de actividades para tódolos públicos. A presentación tivo lugar no Pazo Provincial de Ourense, e participaron o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade; o presidente da Asociación socio-cultural Amigos da Romaría da Saínza, Julio Domínguez; e a colaboradora do evento, Ana Belén Míguez.
Os días 6 e 7 de setembro terá lugar en Santiago o congreso 'La nación omnipresente: Nuevos enfoques sobre los procesos de nacionalización en la España contemporánea', que reunirá a expertos de diversas universidades españolas que tentarán ir máis alá da análise dos discursos nacionais (español e alternativos) para investigar un eido moito menos desenvolvido: cómo a identidade nacional era difundida e cómo era asimilada e interpretada polo común da poboación.
Ponse ao dispor do público a web www.academiadevilalba.org, promovida polos antigos alumnos e alumnas deste histórico centro que funcionou en Vilalba desde os anos 40 aos 70 do pasado século. A web, que estará en permanente crecemento segundo vaian conseguíndose informacións ou fotografías, pretende ir conformando con numerosas pequenas aportacións de lembranzas particulares- unha historia deste centro.
Os oito nomes sumados ao cartel da quinta edición de WOS Festival x SON Estrella Galicia, ao que aínda se podería sumar algún artista máis, seguen demostrando a súa firme vontade de presentar en Santiago de Compostela e en Galicia formas artísticas ao redor da música electrónica e a exploración avaladas polo rotundo recoñecemento de público e prensa fóra das nosas fronteiras. Así, o festival deixa practicamente pechado o seu cartel de concertos, aínda que se espera algún nome máis.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presentou a 12ª edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural, unha proposta que permite gozar de ata 172 menús diferentes en 86 establecementos de toda a Comunidade e pernoitar neles nas fins de semana ata o 16 de decembro.