
Nesta ocasión, adhÃrense a esta proposta 23 casas de turismo rural da provincia da Coruña, 19 de Lugo, 25 de Pontevedra e 19 de Ourense. Todas elas están a ser anunciadas a través dun autobús promocional que percorre Galicia desde a pasada fin de semana e que hoxe chegou a Monforte de Lemos. Despois de pasar por A Coruña e Vigo, esta semana visitará Ourense, Pontevedra, Combarro e rematará o venres en Santiago de Compostela.
Como parte desta iniciativa, que busca captar a atención dos galegos e dos turistas nesta época do ano, sortéanse 10 Fins de Semana Outono Gastronómico para dúas persoas entre aqueles que se fagan unha fotografÃa co bus e a suban ao Facebook de Turismo de Galicia.
“Poñemos xa a vista no outono, a época na que máis evolucionou o turismo en Galicia no pasado ano, achegando motivos para visitar a Comunidade tamén nesta época”, sinalou Nava Castro, quen lembrou o éxito do Outono Gastronómico, pois ao longo de 11 edicións suma preto de 60.000 participantes e foi recoñecido na Feira Internacional de Turismo Fitur 2016 como Mellor Produto de Turismo Activo Nacional na modalidade de EnogastronomÃa.
Ata catro modalidades para elixir
O Outono Gastronómico en Turismo Rural, con prezos moi competitivos, ofrece opcións que se adaptan ao tipo de viaxeiros, ás súas preferencias ou á duración da estadÃa. Estarán dispoñibles todas as fins de semana, agás ás do 12 ao 14 de outubro e 7 ao 9 de decembro:
- A oferta Menú Outono Gastronómico, deseñada exclusivamente para esta ocasión, inclúe entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, cafés ou infusións, viños das distintas denominacións de orixe galegas e outras bebidas polo prezo global de 30 euros por persoa.
- Tamén se ofrece a posibilidade do Paquete Outono Gastronómico que permite degustar o menú Outono gastronómico e pernoitar na casa de turismo rural elixida, incluÃndo os almorzos do dÃa seguinte. Esta segunda modalidade prevé un menú por persoa máis aloxamento e almorzo, a escoller entre a noite de venres ou sábado. O prezo é de 120 euros para dúas persoas en cuarto dobre ou de 80 euros para unha persoa en cuarto individual.
- Outra das opcións é gozar da Fin de semana Outono Gastronómico, que inclúe dous menús por persoa máis o aloxamento, na noite de venres e sábado. O prezo é de 200 euros para dúas persoas en cuarto dobre e 140 para unha persoa en cuarto individual.
- E se se quere compartir coa familia unha fin de semana, existe a Fin de semana familiar Outono Gastronómico que inclúe ofertas para un e dous nenos ata 14 anos. Para parellas acompañadas dun neno, a oferta de menús e aloxamento será de 260 euros, mentres que para as que vaian acompañadas de dous rapaces o prezo será de 300 euros.
Novos Plan de Turismo Rural e Enogastrónomico
Como en edicións anteriores, póñense a disposición dos viaxeiros guÃas informativas que poderán atoparse nos propios establecementos de turismo rural participantes, nas oficinas de turismo, nos campos de golf e noutros espazos públicos de Galicia. Tamén se distribuirán cartaces e dÃpticos para a súa divulgación e se promoverá nas redes sociais. Toda a información está dispoñible na web de Turismo de Galicia e outonogastronomico2018.com.
Como manifestou Nava Castro, “iniciativas como o Outono Gastronómico axúdanos a seguir impulsando o turismo rural, que o pasado ano acadou xa estimacións previstas para 2020 na Estratexia do turismo de Galicia”. Esta folla de ruta, froito do diálogo co sector e dotada con 240 millóns euros de orzamento, apunta á desestacionalización da demanda turÃstica como unha das liñas de traballo nun destino que aposta pola calidade e pola autenticidade.
Ao respecto, a directora salientou que nestes momentos o Goberno galego está a deseñar o Plan Estratéxico de Turismo Rural e o Plan Enogastronómico, dous documentos a través dos que seguir mellorando en eidos nos que Galicia está chamada a ser un referente.
Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o dÃa 1, prolongándose ata o dÃa 7, continuando en Ponteareas, desde o dÃa 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 dÃa ata o 10; Viveiro, do dÃa 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do dÃa 26 ao 29 de agosto.
O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.