Notas de prensa

Presentada a web da Academia de Vilalba, desenvolvida por GaliciaDigital

Ponse ao dispor do público a web www.academiadevilalba.org, promovida polos antigos alumnos e alumnas deste histórico centro que funcionou en Vilalba desde os anos 40 aos 70 do pasado século. A web, que estará en permanente crecemento segundo vaian conseguíndose informacións ou fotografías, pretende ir conformando – con numerosas pequenas aportacións de lembranzas particulares- unha historia deste centro.

A Academia de Vilalba marcou a centos de rapaces aos que lles proporcionou a oportunidade do ensino medio ou cursar Maxisterio, inasequible para moitos deles doutro xeito.

Neste momento, entre outras información, na web pode consultarse a historia dos cursos 1957-58 e 1958-1959, facilitada polo profesor e historiador vilalbés Xosé Antón Pombo Mosquera, así como a reproducción dun número da publicación AULA, publicada pola Academia en 1955 (facilitada por Loli Soto), e varios exemplares de AULA2, publicada polos alumnos de 6º do curso de 1968-69, baixo a dirección de Manuel Hermida Paz.

A presentación desta web (confeccionada polos servizos técnicos de Galicia Digital) fixoe aos exacadémicos no decurso da X Xuntanza anual de alumnos, que tivo lugar este mércores ás 14,00 horas nas instalación do Restaurante Montero na capital vilalbesa.

GaliciaDigital, 2018-08-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES