
O programa, xa na súa décima edición, dá continuidade á actividade de formación e divulgación promovida desde hai máis de tres lustros polo Cifex da USC, segundo indica a directora deste centro de investigación da USC, Rita Radl.
Nesta ocasión, o debate está focalizado en aspectos significativos das polÃticas públicas en relación coa problemática da violencia contra as mulleres. O programa das xornadas afonda asà na cuestión da prostitución como forma de violencia, se cabe extrema contra as mulleres, ao tempo que aborda as medidas e polÃticas no ámbito da Universidade referente á temática da violencia e ao acoso en función do xénero.
A dimensión educativa constitúe outros dos aspectos a salientar destas xornadas, cuxos promotores pretenden tamén favorecer o debate e a toma de conciencia para avanzar tanto no coñecemento como na modificación da práctica social, a fin de solucionar a problemática da violencia de xénero, unha realidade lamentablemente relacionada coa dinámica das sociedades actuais.
Programa
A vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo Moledo, presidiu a sesión inaugural na Facultade de Ciencias da Educación da USC, no marco dun acto no que tamén interviñerán a concelleira de Igualdade do Concello de Santiago, Marta Lois González; a decana da Facultade de Ciencias da Educación, Carmen Fernández Morante; e a propia Rita Radl, en calidade de directora do Cifex.
A profesora de SocioloxÃa e directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Agueda Gómez Suárez, abriu a quenda de intervencións co relatorio ‘Prostitución e gramática sexual do putero no noso tempoÂ’. Deseguido, a propia Gómez Suárez participa xunto coas responsables das oficinas de Igualdade de Xénero da USC e da UDC, Eva Aguayo e Ana Jesús López DÃaz, respectivamente, nunha mesa de debate sobre medidas polÃticas no seo da universidade referidas a violencia e acoso en función de xénero.
O programa das xornadas continua en quenda de tarde cunha mesa de debate sobre as múltiples formas de violencia contra as mulleres e o valor preventivo da educación. A profesora da USC Begoña Gómez Vázquez modera este coloquio, no que interveñen como relatores o vicepresidente da Cátedra de Estudos de Xénero do Instituto Superior Mineiro Metalúrxico de Moa (ISMM), en Cuba, VÃctor Hugo Pérez; a profesora da UDC Rosa Caramés, e Lourdes Pazo, en representación do programa Vagalume.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.