Noticias

A Biblioteca de Galicia analiza nunha exposición a evolución do tratamento da violencia de xénero na prensa galega

A exposición, que poderá visitarse ata maio de 2021, está organizada en dez módulos entre os que se repasa, entre outras, a violencia de xénero antes do nacemento da prensa, as primeiras noticias da violencia de xénero, a historia de Asunción González, así como literatura e crónica de sucesos. Tamén se analiza a violencia de xénero en revistas ilustradas e na prensa sensacionalista, así como na prensa actual. Ao longo de cada un dos seus módulos, os visitantes da exposición poderán ver exemplares de cabeceiras de prensa como El Compostelano, que se publicou en Santiago entre o 1920 e 1946. Tamén de Vida gallega, impulsada por Jaime Solá en 1909 e que foi a revista ilustrada máis importante de Galicia durante décadas, ou El Pueblo gallego.

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inauguraron hoxe na Biblioteca de Galicia a mostra Pobre Asunción!: a violencia de xénero na prensa, coa que a Xunta de Galicia repasa a evolución do tratamento da violencia de xénero na historia a partir de parte dos fondos que custodia a Cidade da Cultura, así como a partir de documentos literarios e arquivísticos.

Como explicou Anxo M. Lorenzo, trátase dunha exposición necesaria coa que o Goberno galego reforza o seu compromiso coa sensibilización e visibilización sobre un asunto de tal alcance e relevancia social como este e que é posible “grazas ao gran patrimonio hemerográfico que atesoura a Biblioteca de Galicia que permite realizar unha pequena historia da violencia de xénero a partir do que contan os xornais galegos”, indicou.

Neste sentido, destacou o papel da Biblioteca de Galicia para “recuperar, recoller, e difundir” un amplo abano de materiais xornalísticos, literarios e arquivísticos facendo un repaso desde o século XIII do tratamento da violencia de xénero na prensa. Puxo de manifesto, ademais, a homenaxe a Asunción González, a primeira vítima documentada de violencia de xénero no ano 1891, bautizando a exposición co seu nome.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, pola súa banda, enxalzou o “crucial rol” dos medios de comunicación na consecución da igualdade de xénero e na promoción do papel das mulleres na sociedade, como “transmisores responsables” das noticias. “Son a ferramenta que serve de plataforma para denunciar estas agresións, á vez que son a tribuna dende a que se pode concienciar á sociedade de que esta violencia contra as mulleres é un delito”, engadiu.

O tratamento dos casos de violencia de xénero nos medios debe responder, a criterio da secretaria xeral, á honestidade e á responsabilidade que definen á profesión. “Ofrecer unha información responsable e comprometida é un excelente xeito de combater a violencia de xénero, e apoiar as mulleres que a sofren”, enfatizou.

A exposición, que poderá visitarse ata maio de 2021, está organizada en dez módulos entre os que se repasa, entre outras, a violencia de xénero antes do nacemento da prensa, as primeiras noticias da violencia de xénero, a historia de Asunción González, así como literatura e crónica de sucesos. Tamén se analiza a violencia de xénero en revistas ilustradas e na prensa sensacionalista, así como na prensa actual. Ao longo de cada un dos seus módulos, os visitantes da exposición poderán ver exemplares de cabeceiras de prensa como El Compostelano, que se publicou en Santiago entre o 1920 e 1946.

Tamén de Vida gallega, impulsada por Jaime Solá en 1909 e que foi a revista ilustrada máis importante de Galicia durante décadas, ou El Pueblo gallego, un dos diarios con maior tirada ata a súa desaparición en 1979. Tamén se inclúen series de fotogravado, as primeiras imaxes que documentan a violencia de xénero na prensa desde finais do SXIX, ata pezas dos nosos días nos que tamén é noticia a crecente sensibilización social ante este problema.

A exposición Pobre Asunción!: a violencia de xénero na prensa está organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e inclúese entre as actividades levadas a cabo pola Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura. Desde a súa inauguración traballa para enriquecer e divulgar os seus fondos, sendo a hemeroteca a súa sección máis ampla. A exposición inaugurada hoxe nútrese de parte dos seus fondos, entre os que tamén se conta cunha colección de cabeceiras de prensa histórica galega

R., 2020-11-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES