Archivo (7 del 2023)

Buscador

Noticias

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Consello aprobou o decreto polo que se conceden as Medallas de Ouro de Galicia 2023 aos músicos Juan Pardo, Luz Casal e Carlos Núñez. O titular do Goberno galego resaltou que se trata da maior distinción que outorga a comunidade autónoma galega e que, nesta edición, dedícase “a un dos aspectos máis senlleiros do patrimonio” cultural galego como é a música. Rueda subliñou que os tres galardoados deste ano son persoas que “tiveron unha importancia singular no panorama musical a nivel internacional” durante as últimas décadas, pero “sen perder nunca a vinculación con Galicia”.
Os fogares galegos aforraron o ano pasado 216,2 millóns de euros grazas ás baixadas fiscais aprobadas pola Xunta de Galicia no Imposto sobre Sucesións e Doazóns (ISD) e no Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP-AXD). Estes 216 millóns de euros son recursos que quedaron en mans das familias galegas co obxectivo de reactivar o consumo interno e a actividade económica, evitar o despoboamento nas zonas pouco poboadas, recuperar as terras agrarias e manter íntegro o patrimonio dos fogares en caso de perda dun familiar directo.
A Xunta acaba de recibir unha nova relación de vivendas dispoñibles en Galicia propiedade da Sareb na que a entidade financeira reduce agora a só 187 os inmobles que están actualmente en comercialización na Comunidade e reúnen as condicións necesarias para o seu uso. Esta nova comunicación prodúcese a raíz da reunión mantida a finais de xuño entre o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, e representantes da Sareb, un encontro durante o cal o responsable autonómico volveu demandar concreción sobre o parque residencial do que dispón actualmente en Galicia e información detallada sobre a situación particular de cada inmoble.
A Xunta de Galicia acaba de ser recoñecida como parte coadxuvante no recurso presentado pola OPP burelense contra o veto á pesca de fondo decretado o ano pasado pola Comisión Europea en 87 zonas de augas comunitarias. O Tribunal Xeral da Unión Europea emitiu o pasado venres unha resolución na que admite a intervención do Executivo galego no procedemento ao recoñecer que esta prohibición impacta nos intereses da comunidade autónoma. Esta decisión do tribunal europeo supón un fito moi importante posto que poucas peticións deste tipo -presentadas polas rexións europeas- prosperan, e implica que a Administración galega poida participar activamente no proceso.
O Festival Abanea celebrará entre o 26 e o 30 de xullo a súa segunda edición cun programa de danza que distribuirá 15 funcións de 10 compañías entre os concellos de Gondomar, Foz, Outes e Allariz co apoio da Xunta de Galicia. ISMO Cultura, colectivo organizador do encontro, espallará así a actividade do certame ás catro provincias. Foz marcará o inicio desta segunda edición o 26 de xullo, coa exhibición na praza do Conde Fontao das pezas Vestirme de ti, da bailarina galega Nuria Sotelo xunto a Clara Ferrão; A raíz, do porriñés Daniel Rodríguez, e Human 21, da catalá Sandra Macià. A actividade en Foz incluirá tamén o obradoiro-espectáculo de Marta Alonso Tejada Discoteca de Señoras e a Pista de baile, actividade de mediación co público. Estas dúas accións reproduciranse en todas as localidades implicadas.
PortAmérica 2023, o festival que une música e gastronomía de calidade e no que prima a sostibilidade, acada a súa 11 edición nun entorno natural extraordinario, como é a azucreira de Portas. O festival converteuse xa nun emblema dos festivais galegos e tense convertido pola súa orixinalidade nun festival distinto, familiar, con 30 chefs cociñando en directo, e con grandes artistas nacionais e internacionais, como Sebastián Yatra, Nicki Nicole, Bad Gyal, Guitarricadelafuente, Deluxe, M Clan, Loquillo, Molotov ou Jorge Drexler. De feito, o espazo showrocking, acollerá a 30 chefs internacionais que suman 14 Estrellas Michelin para facer a fusión perfecta entre ritmo e cociña.
Nesta dobre cita expositiva, a sede do CGAC presenta ata o 7 de xaneiro de 2024, baixo o título 'Unha historia posible do CGAC', un percorrido polas exposicións, actividades e publicacións promovidas polo centro desde a súa creación, con especial atención aos fitos e pezas singulares que marcaron a súa historia e, paralelamente, a evolución do contexto artístico en Galicia. Mediante un itinerario expositivo artellado entre a planta baixa e o soto, amósanse pezas da colección CGAC e algunhas outras en préstamo que permitirán visualizar exposicións individuais e proxectos colectivos, con obras de nomes como Giovanni Anselmo, Esther Ferrer, Ángela de la Cruz, Hisae Ikenaga ou Pamen Pereira, entre outros.
As achegas previstas irán dos 1.700 euros ata os 3.700 en función da porcentaxe de redución da xornada laboral (de polo menos o 12,5%), da súa duración (o máximo período subvencionable será de 8 meses) e do número de menores ao cargo. Poden acceder ás axudas familias monoparentais nas que a persoa que exerce os coidados en solitariose teña acollido á minoración da xornada. No caso das familias con fillos, integradas por dúas mulleres ou dous homes, poderán recibir os apoios un dos integrantes, de ter reducido a xornada. Tamén figuran entre as beneficiarias as unidades integradas por unha muller e un home, nas que este último reduza o seu horario, co obxectivo de que as traballadoras poidan seguir a desenvolver a súa carreira e incrementar o fomento da corresponsabilidade nos coidados dos menores.
A décima edición do Corazón da Artesanía, Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, pechou as súas portas despois dunha fin de semana marcada pola afluencia de público no recinto histórico-artístico dos Pendellos de Agolada. Máis de 8.000 visitantes achegáronse entre o venres e o domingo ata o municipio pontevedrés, o que sitúa en 70.000 os asistentes das dez edicións celebradas ata a data ao evento de referencia do sector da artesanía en Galicia. Corazón da Artesanía constitúe un evento integral destinado a divulgar os oficios artesanais, a impulsar a comercialización da marca Artesanía de Galicia e doutros produtos gourmet de calidade, así como a buscar sinerxías entre artesanía e outros sectores como a arquitectura, o deseño ou a gastronomía.
A Rede Galega de Teatros e Auditorios, circuíto de exhibición de espectáculos xestionado pola Xunta e as administracións locais adheridas, renova a súa programación semestral con 176 funcións escénicas e musicais en 36 concellos ata final de ano. Esta carteleira, de ámbito profesional e maioritariamente de produción galega, está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades con 278.000 euros.O novo período de actividade está conformado por 160 representacións escénicas de 93 espectáculos (deles, 70 están dirixidos a público familiar, haberá 13 funcións de danza, nove de circo e 14 de maxia) a cargo de 76 compañías, e polos concertos de 14 formacións musicais.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES