Archivo (4 del 2023)

Buscador

Noticias

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura despide este domingo 16 de abril a exposición De lugares e cousas. Colección de Arte Banco Sabadell, unha mostra que percorre a evolución da arte contemporánea desde a segunda metade do século XX ata os nosos días a través de 41 obras de 36 artistas entre os que se contan algunhas das figuras máis destacadas da creación plástica do século XX en Galicia, España e Portugal. Nesta escolma teñen presenza catro artistas galegos: Antón Patiño, Manolo Paz, Ángela de la Cruz e Christian García Bello.
O Festival RESIS de Música Contemporánea e Artes Vivas celebra entre o 13 de abril e o 6 de maio a súa sexta edición, cuxa primeira cita será este xoves 13 de abril no restaurante Árbore da Veira. A outra cita desta primeira semana de programación será este sábado, 15 de abril, na sala de exposicións Palexco. Os grandes atractivos deste concerto serán, entre outros, a presenza do director Nacho de Paz e a estrea da obra Libro delle Immagini V, do coruñés, Hugo Gómez-Chao, quen actualmente é compositor residente na Real Academia de España en Roma.
O bo tempo meteorolóxico e as reservas de última hora para os días festivos, especialmente a partir do xoves permitiron que Galicia peche unha Semana Santa cunha ocupación media por riba das previsións establecidas polo sector en boa parte dos destinos turísticos galegos, que o sector sitúa no 85%, chegando o 100% nalgunhas zonas. O perfil maioritario do turista que se achegou a Galicia foi de orixe nacional aínda que nalgúns destinos, como Santiago de Compostela e A Coruña, a proporción do turista internacional foi superior á media. Destaca o incremento do turismo interno, xa que moitos cidadáns galegos se animaron a viaxar pola comunidade durante a Semana Santa.
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, instou ao Goberno Central a escoitar ás universidades na reforma da ABAU. Nunha intervención no Parlamento de Galicia, o titular do departamento educativo da Xunta lembrou que recentemente as universidades públicas de todo o Estado 'teñen manifestado, a través de alegacións, que ven con preocupación a viabilidade de implantar o modelo de avaliación de competencias para o acceso á universidade xa no vindeiro ano'. 'Compartimos coas universidades que o cambio da ABAU é apresurado e que faltan garantías', manifestou.
Con respecto a marzo do pasado ano, o paro diminuíu nun -7,49% (-11.489 persoas), unha caída que se reflectiu nas catro provincias e nas sete grandes cidades galegas; tamén en todos os sectores económicos, liderando o descenso o primario (-16,10%), seguido da industria (-12,13%). Por colectivos prioritarios para a Xunta tamén decreceu, especialmente entre os menores de 30 anos (-11,02%) seguido das mulleres (-6,86%) e dos parados de longa duración (-4,70%). As cifras de parados de menos de 30 anos e de mulleres sen emprego son as menores da serie histórica (2006) para este mes. Ademais, o número de persoas paradas de longa duración é o máis baixo nun marzo desde 2009.
A Cidade da Cultura de Galicia despide o domingo 9 de abril a exposición Camiños creativos, un percorrido pola relación entre arte e movemento desde o século XVIII ata os nosos días, que amosa no Museo Centro Gaiás obras de grandes mestres da pintura e da fotografía —desde Turner, a Constable, Courbet, Sorolla ou Cartier-Bresson— e referentes da creación contemporánea máis actual. A mostra, comisariada pola conservadora do Holburne Museum en Bath (Reino Unido), a galega Monserrat Pis Marcos, achega ao público galego máis dun centenar de pezas, moitas delas nunca antes exhibidas en Galicia, procedentes dunha trintena de museos e coleccións de oito países de Europa.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 751, deles 159 son da área da Coruña, 77 da de Lugo, 98 da de Ourense, 86 da de Pontevedra, 131 da área de Vigo, 136 da de Santiago e 64 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 5 están en UCI, 127 en unidades de hospitalización e 619 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 692.487 persoas curadas, rexistrándose 4.111 falecementos. O número de PCR realizadas é de 4.064.881. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.641.322.
Este festival, volve a presentar un cartel con artistas de primeira liña: Nicky Jam, Jason Derulo, os irlandeses Two Door Cinema Club, Rels B, Sidecars. Tamén estarán Shinova E Danny Ocean. Este primeiro avance complétano Lali, Emilia, Vilán Antillano, Aleesha, Les Castizos, Samuraï e Berto. Xa neste avance vese a aposta do festival por aglutinar talento internacional, nacional e galego para volver ser un dos festivais máis importantes de toda España. O Morriña Fest afronta a súa terceira edición despois do gran éxito da primeira e a segunda cunha gran acollida por parte do público xa que, o ano pasado, máis de 40.000 persoas se deron cita para corear os temas dalgúns dos artistas máis relevantes do panorama actual.
Nos últimos tempos puidéronse consultar distintos borradores de Real Decreto sobre a proba de acceso á universidade. O 15 de marzo de 2023 fíxose público un novo borrador de Real Decreto, agora denominado “Proxecto de Real Decreto polo que se regulan as condicións para o acceso e a normativa básica dos procedementos de admisión aos ensinos universitarios oficiais de grao”, con previsión de aplicación nas probas de acceso á Universidade a partir do ano 2024. O devandito borrador non só incide nas probas, tal e como aparecía nos anteriores borradores, senón que incorpora cambios na normativa de acceso e admisión ás universidades públicas.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES