Archivo (11 del 2023)

Buscador

Noticias

A porcentaxe de poboación con vontade de emprender en Galicia durante os vindeiros tres anos sitúase no 8,5%, cifra que evidencia a "restauración da confianza" no fenómeno emprendedor e "permite prever un maior crecemento" deste tipo de actividade nos próximos anos. Ademais, a Taxa de Actividade Emprendedora (TEA) na comunidade galega elevouse ata o 5,4%, 0,6 puntos máis que en 2021, sendo o segundo valor máis alto dende 2010 e moi próximo ao acadado nos últimos dez anos (5,6% en 2018). Estas son algunhas das principais conclusións que achega o Informe GEM Galicia 2022-2023.
Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos inclúe un estudo elaborado polo historiador Alfonso Mato que introduce a reprodución facsimilar íntegra da publicación orixinal, na que colaboraran preto dunha vintena de intelectuais da época como Fernández del Riego, Filgueira Valverde ou Carvalho Calero. Por último, a edición da Xunta de Galicia engade un apéndice fotográfico do acto de presentación do caderno en San Domingos de Bonaval o 17 de maio de 1978, con imaxes achegadas por Xosé Díaz. Foi precisamente neste acto cando Ramón Piñeiro falou ante máis de 500 persoas da necesidade de fomentar os estudos sobre a realidade galega nun momento crucial para Galicia.
A nova estratexia Axenda Impulso Autónomo Horizonte 2027 rexerá as políticas públicas de apoio ao traballo autónomo durante os próximos anos. Farao a través dun marco que pretende fortalecer o ecosistema competitivo do traballo por conta propia e potenciar a calidade dos novos proxectos, tal e como puxo de relevo a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, no acto da súa presentación celebrado na Fundación Laboral da Construción. A representante autonómica destacou que o documento foi resultado dun proceso participativo no que a Xunta colaborou coas principais entidades do colectivo representadas na Mesa do Emprego Autónomo (UPTA-Agtamar, ATA e APE).
Preto de 400 alumnos de 6º curso de Educación Primaria de 23 centros educativos de toda Galicia participan nos obradoiros Dixitalweek. Trátase dun encontro que complementa o programa de estadías de inmersión lingüística en inglés vinculadas á actividades dixitais do mesmo nome e no que este outono participan un total de 1.200 alumnos ata 4º curso de ESO. Nestes encontros, os alumnos realizan actividades de práctica idiomática en distintos escenarios comunicativos vinculados ás contornas tecnolóxica e científica.
O documento adoptado hoxe no corazón desta comarca recolle unha vintena de recomendacións entre as que se inclúen a necesidade de seguir promovendo diálogos intersectoriais, foros, encontros e contribucións científicas específicas co fin de preservar o legado desta paisaxe excepcional marcada pola curso dos ríos Sil e Miño. Neste senso, instan a ampliar o coñecemento actual sobre estes sitios esteticamente impresionantes que combinan a biodiversidade agrícola con ecosistemas resilientes e un valioso patrimonio cultural. Os expertos recomendan aos gobernos e administracións públicas identificar e preparar inventarios destas paisaxes e do patrimonio vivo que está presente en cada territorio para fomentar o recoñecemento do seu valor e importancia.
O Servizo Galego de Saúde porá en marcha unidades funcionais multidisciplinares da dor en todas as áreas sanitarias. As unidades contarán con anestesistas, neurólogos, reumatólogos e persoal de enfermería, entre outras especialidades, e traballarán en ofrecer unha atención integral e multidisciplinar encamiñada a aliviar a dor e mellorar a calidade de vida das persoas que a sofren. Neste sentido, o Sergas xa mide e rexistra na gráfica de constantes a dor aguda e, a finais do ano pasado, publicouse un novo procedemento actualizado para valorar a dor aguda nos hospitais. En canto á dor crónica, co circuíto asistencial da E-interconsulta da Unidade de dor, os equipos de atención primaria poden compartir de forma áxil o manexo da atención a esta dor.
A Xunta de Galicia deu a coñecer hoxe os gañadores da fase final de Teatro do programa Xuventude Crea 2023 da Consellería de Política Social e Xuventude, que se celebrou a pasada fin de semana no Salón Teatro de Santiago. O xurado outorgou o primeiro premio ao grupo ‘As Guapilongas’, de Vigo, pola obra Prázdno. En segundo lugar quedou a compañía ‘Sarabia Teatro’, de Arteixo, que puxo en escena Diario dun tolo, e o lucense ‘Teatro D’o Carón’ fíxose co terceiro premio coa peza Ao fin, Hamlet. Así mesmo, concedeuse unha mención de honra ao grupo ‘Erantres’ de Arteixo pola obra Tres mistos.
Aínda que a xestión de emerxencias é unha competencia que corresponde aos concellos (no caso dos municipios de máis de 20.000 habitantes) e ás deputacións provincias (no resto de municipios), o goberno galego continua traballando para reforzar os servizos de emerxencias dos concellos da nosa comunidade. Deste xeito, a Xunta destinou máis de 23 millóns de euros nos últimos anos ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil, máis de 14 millóns en equipamento, 4 millóns en gastos de funcionamento e 5 millóns en formación destes efectivos e doutros servizos de emerxencias, xestionada a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).
O Centro Dramático Galego ultima a estrea en Portugal xunto ao Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana, o Teatro Nacional D. María II de Lisboa e o Teatro Nacional São João do Porto da súa próxima produción, Manuela Rey Is In Da House, nunha nova colaboración que afonda na proxección exterior da unidade teatral da Xunta de Galicia e, en concreto, nas súa estreita relación coa escena lusa. A montaxe inaugurará o vindeiro venres día 10 a sétima edición do Festival de Teatro de Viana do Castelo no Teatro Municipal Sá de Miranda, onde ofrecerá un segundo pase o sábado 11.
Este encontro, dirixido por Mónica Luengo e Cipriano Marín, especialistas internacionais con experiencia en candidaturas recoñecidas pola Unesco, prolongarase ata o mércores e que se pode seguir tanto de xeito presencial como vía streaming, inclúe un amplo programa de actividades con presentacións, conferencias e mesas redondas, entre outras iniciativas, nas que participarán representantes de organismos como a Unesco, Icomos, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza, así como das universidades e outras institucións.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES