Archivo (1 del 2023)

Buscador

Noticias

Trátase dun percorrido no que o comisario, Manuel Gago, e o coordinador da mostra en Ferrol, Guillermo Llorca, estarán rodeados dalgunhas das persoas con máis traxectoria na investigación sobre o pasado da cidade. Nese grupo están: Esperanza Piñeiro de San Miguel, historiadora e catedrática de Historia de Ensino Secundario xubilada; Carmen Porta Losada, xefa de Arquivo e Biblioteca do Concello de Ferrol; José Antonio Rodríguez Villasante Prieto, tenente coronel de Intendencia da Armada, membro da Real Academia Galega de Belas Artes e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando; e Margarita Sánchez Yáñez, cofundadora e membro do consello de redacción de Estudios Mindonienses.
O Consello da Xunta analizou hoxe os pasos a dar pola comunidade autónoma para acompañar ao sector pesqueiro galego no seu recurso contra o veto á pesca de fondo decretado por Bruxelas en 87 zonas de augas comunitarias e constatou a necesidade de recorrer a xuristas especializados en dereito comunitario para que as súas demandas ante a Xustiza europea teñan máis posibilidades de prosperar. O Executivo galego -que actuará como parte coadxuvante no recurso presentado pola Organización de Produtores Pesqueiros de Burela (OPP-7)- defende tanto a suspensión temporal da aplicación desta prohibición como a súa anulación definitiva, polo que decidiu contratar un servizo xurídico especializado para reforzar e apuntalar a súa estratexia e a da propia OPP co fin de acadar os mellores resultados posibles.
Vigo será o escenario para medio centenar destas citas, concentradas nos catro primeiros meses do ano e das que 37 son de teatro, 10 de danza, dúas de novo circo e unha de maxia. Así, a actividade da Rede de Teatros e Auditorios neste 2023 arrancará na cidade olívica esta mesma fin de semana co espectáculo de rúa Pachamama, co que Troula Animación estará na Porta do Sol o venres e sábado, ás 19,00 h. A partir de febreiro, a programación trasladarase ao Auditorio Municipal, que ese mes acollerá a Teatro del Barrio con Como hemos llegado hasta aquí os días 3 e 4, Magia en la Manga con The Best magic Trick in the World o día 5, Teatro DeuVe con 3240 os días 10 e 11, Teatro Spasmo coa montaxe infantil La mejor obra de la historia o día 12, Teatro Portal 71 con Sexpiertos os días 24 e 25 e Teatro N+1 coa proposta para público familiar Divertimentos o día 26.
Galicia é a comunidade autónoma que máis incrementou a súa oferta de formación MIR na convocatoria deste ano, cun total de 620 prazas, que supoñen un incremento dun 14%, fronte ao 4% de media do resto das comunidades. Así o expuxo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha comparecencia no Pazo do Hórreo para dar resposta a unha pregunta sobre a cobertura de prazas. O conselleiro aproveitou para lembrar que a oferta das 620 prazas MIR da nosa comunidade para esta convocatoria 'representa un 72% máis das que se convocaban no ano 2009'.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, defendeu hoxe o necesario equilibrio que debe existir entre os obxectivos medioambientais, sociais e económicos na Política Pesqueira Común (PPC), que está en proceso de avaliación, e instou á Comisión Europea a recuperar este principio como piar. Así o asegurou durante a súa participación nunha reunión conxunta celebrada no Parlamento Europeo entre representantes da Comisión de Pesca da Eurocámara e da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) sobre a aplicación da PPC e as súas perspectivas de futuro.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este martes en Santiago de Compostela o seu Informe de Conxuntura socioeconómica IV/2022. Nel destácase que a economía galega frea a súa actividade. O informe, que se elabora trimestralmente, está asinado polos economistas Patricio Sánchez e Santiago Lago (ambos da Universidade de Vigo) e José Francisco Armesto e Fernando González Laxe, coordinador este último do estudo. Segundo indican en nota de prensa desde o Foro Económico de Galicia, 'a actividade económica galega presenta no terceiro trimestre do ano unha significativa ralentización do seu ritmo de crecemento'.
A Consellería de Sanidade mantivo unha reunióncunha delegación da OMS, para dar resposta ao interese deste organismo internacional sobre algunha das iniciativas que desenvolve na atención primaria o Servizo Galego de Saúde. Por parte da Xunta estivo presente a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Sofía López Linares, quen lles explicou o actual modelo organizativo da atención primaria de Galicia, o cal conta cunha rede conformada por 462 centros de saúde, 149 servizos de atención primaria e 90 puntos de atención continuada (PACs).
O Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga reestrean este xoves no Salón Teatro de Santiago a súa produción A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño (A contenda do río Miño), versión da peza teatral escrita en 1671 por Gabriel Feixóo de Araúxo e da que se cumpre o 50º aniversario da súa primeira posta en escena pola compañía coruñesa Teatro Circo, da man de Manuel Lourenzo e José Estruch.
O Centro Galego de Arte Contemporáneo pechou 2022 con 49.150 visitantes, un 30% máis que o ano pasado, o que supón consolidar a súa recuperación pospandemia. Organizáronse 14 exposicións e máis de 200 actividades, entre simposios, visitas organizadas, presentacións de libros, retrospectivas cinematográficas ou talleres expositivos. Entre as mostras expositivas destacaron, entre outras, O museo como escenario; Narelle Jubelin. Nalgures; Suso Fandiño. Wunderkammer; Camiños III; Claudio Zulian. Vidas ou Raniero Fernández. O Arquivo.
Galicia volveu colleitar éxitos na 43ª edición da Feira Internacional de Turismo ao manter un dos stands con máis actividade, acadando récords de asistencia nos 5 días que durou a feira e consolidándose como un punto de encontro para o sector turístico e amosando a Galicia como un referente en turismo sostible e de calidade, sendo recoñecido como un dos premiados na categoría “Stand sostible”. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada de recoller o Premio Excelencias aos Concertos do Xacobeo.
« Anterior | 2  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (174)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES