Archivo (8 del 2022)

Buscador

Noticias

Constituíuse unha comisión interdisciplinar co obxectivo de deseñar un plan de recuperación integral do Courel tras o incendio acontecido o pasado mes de xullo, e que definirá as tarefas de rexeneración dos espazos naturais danados e a tramitación das axudas para as persoas que se viron afectadas polo incendio. Ademais de responsables da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Concello de Folgoso do Courel, tamén formarán parte da comisión representantes do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), do xeoparque mundial Unesco Montañas do Courel, da reserva da biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e do Courel, profesionais de diversos eidos e membros da asociación de veciños.
Festaclown regresa a Vilagarcía de Arousa do 17 ao 21 de agosto cunha vintena de actuacións de compañías e artistas de referencia no mundo do circo, tanto dentro como fóra de Galicia. Durante cinco días sucederanse en diferentes espazos da localidade espectáculos de acrobacias, música, narración e clown, que conforman no seu conxunto un amplo programa escénico. O espectáculo inaugural celebrarase o mércores 17 de agosto ás 11,00 h. na praza de Galicia, da man de Pallasos en Rebeldía, Desastronauts e Clámide coa colaboración especial do Centro de Atención Integral Princesa Leticia Amencer.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.121, deles 680 son da área da Coruña, 363 da de Lugo, 511 da de Ourense, 322 da de Pontevedra, 444 da área de Vigo, 505 da de Santiago e 278 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 315 en unidades de hospitalización e 2.792 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 664.132 persoas curadas, rexistrándose 3.839 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.962.367. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.715.028.
O documento, un estudo específico que integra perspectiva de xénero e Camiño de Santiago, pon de manifesto a alta presenza de mulleres nas peregrinacións que se converteu, segundo sinala, nun destino atractivo a partes iguais para homes e mulleres, no que as mulleres foron cobrando máis protagonismo. Así, desde 2013 a 2019 (anos completos analizados, excluíndo 2020 e 2021 pola pandemia), o número de mulleres peregrinas foi aumentando ata ter máis presenza feminina que masculina en 2019 cun 51,16% de mulleres participantes fronte ao 48,84% de homes. O 2018 foi o primeiro no que as rutas oficiais tiveron máis presencia de mulleres que de homes.
O hispanista británico John Rutherford, difusor das linguas e literaturas galega e española e do Camiño de Santiago, participará como conferenciante nestas xornadas. O programa completarase coa intervencións de distintas personalidades do ámbito universitario, da comunicación, da cultura, da Igrexa, da administración e da propia Academia Xacobea, coñecedoras do ámbito. Ao longo dos tres días que durará a citar levaranse a cabo distintas actividades relacionadas co Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo: conferencias, táboas redondas, unha exposición, así como interpretacións musicais.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.131, deles 674 son da área da Coruña, 356 da de Lugo, 511 da de Ourense, 328 da de Pontevedra, 456 da área de Vigo, 506 da de Santiago e 282 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 16 están en UCI, 331 en unidades de hospitalización e 2.784 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 663.901 persoas curadas, rexistrándose 3.837 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.961.867. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.714.253.
Só entre as 21,00 h. do pasado sábado e as 8,00 h. do domingo rexistráronse un total de 15 incendios forestais en Galicia. E entre as 21,00 h. do domingo e as 8,00 h. de onte rexistráronse outros 11 incendios. Na provincia de Ourense ao longo do sábado rexistráronse ata tres lumes en Maside con apenas 30 minutos de diferencia entre dous deles, mentres na localidade de Boborás houbo dous incendios iniciados o domingo de forma case simultánea. Rexistráronse tamén catro lumes no concello do Saviñao, nunha mesma parroquia, algún deles con menos de 20 minutos de diferencia. E houbo outros tres lumes ao longo do domingo no concello do Porriño, mentres en Ponteareas se rexistraron dous lumes na fin de semana.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.296, deles 704 son da área da Coruña, 403 da de Lugo, 528 da de Ourense, 327 da de Pontevedra, 510 da área de Vigo, 518 da de Santiago e 289 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 362 en unidades de hospitalización e 2.919 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 663.457 persoas curadas, rexistrándose 3.835 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.961.244. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.713.860.
Galicia acadou no mes de xullo a cifra de paro máis baixa de toda a serie histórica (desde 1996) con 139.850 persoas desempregadas. O paro cae e as afiliacións aumentan tanto na evolución anual como mensual. Con respecto a xuño, o paro cae en Galicia (-0,77%), mentres que en España aumenta (+0,11%). De feito, a comunidade galega posiciónase como a cuarta rexión na que máis descende o desemprego tanto en termos relativos como en absolutos. Decreceu nun 0,77%, caendo en todos os sectores de actividade, excepto nos servizos. Liderou o descenso a agricultura e a pesca (-4,04%). O paro tamén baixou nos principais colectivos con máis dificultades para atopar un emprego, destacando o ritmo de caída entre os menores de 30 anos (-4,97%).
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES