Archivo (2 del 2022)

Buscador

Noticias

A Cidade da Cultura despide este domingo a primeira exposición retrospectiva que se centra na escultura do artista pontevedrés Jorge Castillo Casalderrey, faceta máis descoñecida que a da súa obra pictórica, pero sobre a que traballou desde os seus inicios como artista, establecendo un intercambio constante entre as dúas disciplinas. Será a derradeira fin de semana para achegarse ao Gaiás e gozar desta escolma en 120 obras, cunha montaxe especialmente pensada para ese espazo, co que establece un diálogo permanente de liñas e formas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 33.355 deles 7.284 son da área da Coruña, 3.611 da de Lugo, 3.707 da de Ourense, 3.732 da de Pontevedra, 7.025 da área de Vigo, 5.871 da de Santiago e 1.728 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 36 están en UCI, 562 en unidades de hospitalización e 32.757 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 444.235 persoas curadas, rexistrándose 3.061 falecementos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 34.139 deles 7.557 son da área da Coruña, 3.601 da de Lugo, 3.648 da de Ourense, 3.818 da de Pontevedra, 7.336 da área de Vigo, 6.030 da de Santiago e 1.751 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 37 están en UCI, 587 en unidades de hospitalización e 33.515 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 441.001 persoas curadas, rexistrándose 3.056 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.649.395. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.504.113.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 36.105 deles 7.952 son da área da Coruña, 3.817 da de Lugo, 3.844 da de Ourense, 4.063 da de Pontevedra, 7.872 da área de Vigo, 6.307 da de Santiago e 1.843 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 42 están en UCI, 611 en unidades de hospitalización e 35.452 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 436.603 persoas curadas, rexistrándose 3.051 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.644.291. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.501.312.
Preto de vinte concellos, dous centros de ensino e o Centro Sociocomunitario de Ferrol sumáronse xa ás viaxes en autobús organizadas polo Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta, para ver a súa produción A peste, que se representará no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A montaxe inspirada na obra homónima de Albert Camus, con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó, retoma este mércores o calendario previsto de funcións e permanecerá en cartel no espazo compostelán ata o 13 de marzo.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 38.640 deles 8.484 son da área da Coruña, 4.044 da de Lugo, 4.035 da de Ourense, 4.320 da de Pontevedra, 8.649 da área de Vigo, 6.822 da de Santiago e 1.910 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 44 están en UCI, 619 en unidades de hospitalización e 37.977 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 431.781 persoas curadas, rexistrándose 3.038 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.640.605. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.501.312 .
Galicia propuxo un total de 115 areais para optar á Bandeira Azul 2022. A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, participou esta semana nunha reunión do xurado nacional que concede estes distintivos, onde se deu a coñecer a listaxe de praias de cada comunidade autónoma candidatas na presente edición. Do Campo destacou que a Comunidade galega, coas 115 propostas —37 da Coruña, 19 de Lugo e 59 de Pontevedra—, é a terceira autonomía que máis opcións presentou, por detrás da Comunidade Valenciana e Andalucía. Os valores e o estado actual dos areais candidatos de Galicia foron avaliados xunto cos de Canarias, Asturias, Cantabria e Andalucía.
As colaboracións con institucións internacionais, as itinerancias e o apoio á creación marcan a acción cultural dun ano no que se conmemora o décimo aniversario da apertura do Museo Centro Gaiás. Unha das propostas máis destacadas, que ademais se poderá ver por vez primeira na Península, será CARNE y ARENA, experiencia de realidade virtual gañadora dun Oscar do cineasta mexicano Alejandro González Iñárritu, director de galardoados filmes como Amores perros, Babel, 21 gramos ou Birdman.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 48.835 deles 10.467 son da área da Coruña, 5.108 da de Lugo, 4.901 da de Ourense, 5.212 da de Pontevedra, 11.743 da área de Vigo, 8.771 da de Santiago e 2.328 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 44 están en UCI, 625 en unidades de hospitalización e 48.166 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 414.927 persoas curadas, rexistrándose 3.022 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.625.954. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.476.233.
O Centro Galego de Arte Contemporánea retoma o programa expositivo de apoio a artistas de Galicia de media carreira, iniciado en 2016 e que se viu interrompido nos dous últimos anos por mor da pandemia, coa mostra 'Suso Fandiño. Wunderkammer', que presenta obras recentes e tres grandes instalacións producidas especificamente para o espazo arquitectónico do CGAC. Con ela o artista propón unha serie de vías e ligazóns pouco habituais, debuxando un espazo museístico onde as obras conectan entre si creando relacións punzantes.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2025 (184)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES