Archivo (11 del 2022)

Buscador

Noticias

Con esta concesión, será o gran embaixador da celebración do 30 aniversario do primeiro Xacobeo civil e do 30 aniversario do recoñecemento ao Camiño Francés como Patrimonio Mundial da Unesco. A vinculación de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe co Camiño iniciouse na súa etapa como conselleiro de Relacións Institucionais e portavoz do goberno, cando creou e dirixiu o Plan Xacobeo 93, o maior programa de promoción cultural e turística de Galicia do século XX, xerme dos seguintes plans de promoción, que a Xunta impulsou con motivo dos anos santos composteláns 1999, 2004, 2010 e 2021/22.  
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, afirmou hoxe no Pazo do Hórreo, que Galicia rematará 2022, o horizonte do actual Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, co 100% das medidas previstas cumpridas. O seu departamento, asegurou, levará ante a Cámara o informe anual de execución destes compromisos e está a elaborar un balance dos cinco anos de vixencia do Pacto que presentará tamén no Parlamento. Lorenzana aproveitou a intervención para referendar o compromiso da Xunta co conxunto da sociedade galega, coas mulleres e coas vítimas.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou en Bruxelas na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR) na que se abordou o programa de traballo da comisión NAT para 2023. Conforme ao recollido nas prioridades políticas do actual mandato do CdR 2020-2025 e o programa de traballo da Comisión Europea para 2023, NAT terá como máxima prioridade traballar para que as rexións e municipios europeos estean mellor preparados para afrontar as diferentes crises, mediante un enfoque europeo coherente, integrado e local.
Galicia recibiu onte un total de 18 estrelas Michelin para 16 restaurantes galegos, o que reafirma que a proposta galega sitúa a Galicia como destino enogastronómico de referencia. Dos 16 restaurantes, dous deles, Culler de Pau e Camiño da Serpe, acadan dous destes distintivos. Durante esta celebración, o restaurante Ceibe, localizado en Ourense, e o Asador O´Pazo, en Padrón recibiron unha estrela Michelin. Así, os chefs Lydia do Olmo e Xosé Magalhaes, do restaurante ourensán, e Óscar Vidal, do restaurante situado no concello coruñés, recibiron as icónicas chaquetas de cor branca polo súa labor.
'A Xunta de Galicia aposta polo investimento en investigación sanitaria e a tal efecto esta partida veuse incrementada en máis dun 9% nos presupostos do vindeiro ano ata acadar os 5,7 millóns de euros, consolidando e ampliando a suba do 20% experimentada no 2021'. Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no acto de entrega do 28º premio Rafael Hervada á investigación biomédica, 'que supón un recoñecemento a aqueles que realizan un traballo continuado ao servizo dunha mellor atención sanitaria, centrados na busca de novos coñecementos e tratamentos'.
O xurado dos Premios Artesanía de Galicia 2022, presidido polo director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, decidiu nomear catro finalistas da categoría principal da edición deste ano. Así, resultaron finalistas do Premio Artesanía de Galicia 2022 os obradoiros de coiro de Santiago Besteiro (Monterroso) e Raíces Nómadas (Ribadeo) e mais os obradoiros de cerámica Verónica Moar (A Coruña) e Laura Delgado (Cambre). Os Premios Artesanía de Galicia están impulsados pola Xunta co obxectivo de recoñecer o talento e a traxectoria dos profesionais do sector artesán galego, estimular a súa creación e fomentar o relevo xeracional no sector.
Arredor de 400 músicos de oito formacións galegas daranse cita na fin de semana do 3 e 4 de decembro no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova con motivo do XV Certame Galego de Bandas, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. Así se anunciou na presentación en Ourense desta 15ª edición do evento, coa que se recupera a súa celebración despois de que en 2021 tivera que ser suspendido pola pandemia. O Auditorio Ilduara estréase como escenario deste certame, no que se darán cita oito agrupacións, incluída a Banda Xuvenil de Celanova.
Na nova edición desta iniciativacolaboran, xunto coa Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), o Consorcio Aeronáutico Galego, e Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia. O responsable de Economía, Industria e Innovación da Administración autonómica sinalou que o seu apoio, xunto co dos tres novos socios tecnolóxicos e o que seguen prestando outras compañías de referencia no sector implicadas no proxecto, como Indra e Boeing, é vital para que a Business Factory Aero sexa a canteira de proxectos, empresas e startups que van marcar o futuro desta industria en Galicia e a súa proxección internacional.  
Foi presentado o documental 'María Casares: a muller que viviu mil vidas', filme Agallas Films dirixido por Xabier Villaverde. O filme estréase esta noite no Teatro Colón, onde chega tras o seu paso polo Festival Internacional de Cinema de Ourense e pola Seminci de Valladolid. Este documental nos propón un achegamento íntimo e profundo á vida desta muller extraordinaria, e unha homenaxe, desde a súa Galicia natal, a unha figura cegadora, magnética e fundamental nas artes escénicas da Europa do século XX.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.634, deles 273 son da área da Coruña, 217 da de Lugo, 424 da de Ourense, 115 da de Pontevedra, 246 da área de Vigo, 232 da de Santiago e 126 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 175 en unidades de hospitalización e 1.447 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 680.319 persoas curadas, rexistrándose 3.961 falecementos. O número de PCR realizadas é de 4.005.063. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.472.624.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (164)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES