
Un compromiso que se demostra coa posta en marcha de numerosas actuacións de sensibilización e prevención, de detección e atención, e tamén de coordinación, contra a violencia de xénero, indicou.
Parte do éxito da estratexia da Xunta no desenvolvemento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero reside na transversalidade das actuacións, explicou Lorenzana. Neste sentido remarcou que as actuacións enmarcadas no pacto nos últimos anos implicaron a todos os departamentos do Goberno autonómico, ás entidades locais, ao Terceiro Sector e ás universidades galegas.
A titular de Igualdade puxo como exemplo medidas innovadoras como o bono de alugueiro social liderado polo departamento de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ou a asistencia xurídica gratuíta ás vítimas de violencia de xénero, destacando no caso de Galicia a inclusión e cobertura tamén das de violencia sexual posta en marcha en 2021.
Puxo en valor tamén a conselleira a liña de axudas prevista en 2023 para que os concellos poidan investir novos medios na mellora das infraestruturas e do equipamento dos Centros de Información á Muller (1,4 millóns de euros) ou a posta en marcha das quendas especializadas de garda social e psicolóxica, para atender ás vítimas e as súas fillas e fillos.
Pacto prorrogado
A representante da Xunta reclamou financiamento para que o Goberno central dote o novo Pacto de Estado que, a instancia de Galicia e outras comunidades autónomas prorrogouse finalmente, a pesares, especificou Lorenzana, das reticencias iniciais do Ministerio de Igualdad. É momento, dixo, de que se empecen a tomar este asunto coa debida seriedade e axilicen os prazos o necesario, garantindo por suposto o seu financiamento, afirmou.
No calendario remitido polo ministerio está previsto que entre xaneiro e febreiro de 2023 se propoña o financiamento concreto por Comunidades Autónomas; nós apoiamos e impulsamos a prórroga do Pacto de Estado e o catálogo de servizos mínimos para vítimas de violencia de xénero, pero non imos a apoiar un sistema de financiamento que reduza ou modifique a achega que lle corresponde a Galicia, recalcou a conselleira da Igualdade.
Lorenzana lembrou o éxito de ter acadado un Pacto de Estado de consenso e defendeu que agora temos a obriga de preservalo e garantilo, coas mellores condicións posibles.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.