Archivo (10 del 2022)

Buscador

Noticias

Galicia rexistrou un mes de setembro cálido e cun volume de precipitacións que se moveu dentro dos valores habituais na Comunidade para esta época do ano. Segundo o avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, a temperatura media situouse 0,6 graos por riba do valor histórico do período de referencia 1981-2010, concentrándose a anomalía máis acusada nas mínimas, que foron 1,1 graos máis altas do agardado. No que respecta ás precipitacións, os datos recollidos nas estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade reflicten que choveu un 1% menos do habitual para este mes, polo que o período pode considerarse normal.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2022 reuniuse en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez. Ao remate da mesma, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas: Letras, Marica Campo; Artes Visuais, María Victoria Carballo-Calero; Artes Escénicas, Melania Cruz; Música, Cursos Universitarios Internacionais Música en Compostela; Audiovisual, Xosé Ramón Gayoso; Lingua, Manuel González; Patrimonio Cultural, Xacarandaina; Proxección Exterior, Programa ConCiencia.
Galicia pechou setembro coa segunda cifra de paro (144.109) máis baixa de toda a serie histórica (1996) nese mes. Deste xeito, o desemprego baixou en Galicia no último ano nun -5,84% (-8.945 persoas). O paro caeu nas principais variables: nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades; e en todos os sectores económicos liderando o descenso por sexto mes consecutivo a industria (-12,22%). O desemprego tamén baixou con respecto a setembro de 2021 entre os colectivos prioritarios para a Xunta como son os menores de 30 anos (-9,77%) e as mulleres (-6,23%)
Tivo lugar o evento de ingreso dos proxectos seleccionados na Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación impulsado pola Xunta no marco do Polo Aeroespacial de Galicia. Serán 11 iniciativas as que participarán na súa cuarta edición, a que máis propostas recibiu, un total de 88. Para o itinerario de incubación, orientado a empresas en fases iniciais dos seus proxectos, existen tres prazas; en aceleración, para empresas cun modelo máis evolucionado, son cinco as propostas; e, como gran novidade, a fase de consolidación, para empresas xa asentadas que queren ir un paso máis alá nos seus proxectos e na súa presenza nos mercados, na que haberá tres proxectos.
O nivel de competencias dixitais entre a cidadanía galega continúa a súa evolución positiva. En 2021 aumentou nun 18,2% a poboación galega que dispón de como mínimo habilidades dixitais básicas, acadando o 61,6%. Entre os internautas, Galicia ocupa o sexto lugar entre as Comunidades Autónomas en competencias dixitais básicas ou avanzadas. Son parte dos resultados da análise de Competencias Dixitais elaborada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia, adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en base aos datos da Enquisa TIC nos fogares do ano 2021, realizada polo INE e que permite obter unha foto da situación actual das competencias dixitais en Galicia e un perfil sociodemográfico detallado.
Na categoría de radio, o premio foi para a Asociación PuntoGal polo seu proxecto Abre na rede (da axencia Quattro IDCP), no que se asocia a lingua galega ás redes sociais e, en televisión, para R Cable e Telecable Telecomunicacións por Vai escampar, (Quattro IDCP). Na categoría de internet, premiouse o C.R.D.O Ribeiro polo anuncio Treixadura-Modo Ribeiro (Nasas). En prensa escrita Aqualia con A auga en Vigo é de alta calidade (Ecovigo Publicidade), e na categoría de centro educativo, o CIFP Leixa por Cambio climático.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, exixiu hoxe un compromiso real do Goberno central coa alta velocidade Vigo-Porto por tratarse dunha 'infraestrutura estratéxica e importante' para o desenvolvemento de Galicia, o norte de Portugal e tamén para todo o noroeste de España, 'moi necesitada desta aposta estratéxica', advertiu sobre esta conexión que permitirá reducir o tempo da viaxe entre as dúas cidades das dúas horas e vinte minutos actuais a menos dunha hora. Rueda fixo esta reclamación durante a súa intervención na xornada Desafíos actuais en infraestruturas transfronteirizas e desenvolvemento económico da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, organizada pola Agrupación europea de cooperación territorial de Vigo.
« Anterior | 5  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES