Archivo (10 del 2022)

Buscador

Noticias

O Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela, será por segundo ano consecutivo o escenario do ciclo Quintas do Camões, organizado entre o CDG e o Centro Cultural Portugués do Instituto Camões en Vigo. O programa deste ano volve poñer o foco nas raíces comúns dos idiomas galego e portugués, ademais de incidir no papel do teatro como espazo para o encontro cultural. As Quintas do Camões arrancan coa presentación da Antoloxía do teatro galego contemporáneo, escolma en dous volumes e edición bilingüe publicada pola Cena Lusófona, asociación portuguesa para o intercambio teatral no ámbito lusófono.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.271 deles 496 son da área da Coruña, 280 da de Lugo, 381 da de Ourense, 281 da de Pontevedra, 330 da área de Vigo, 318 da de Santiago e 182 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 7 están en UCI, 192 en unidades de hospitalización e 2.072 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 675.937 persoas curadas, rexistrándose 3.932 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.990.680. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.131.665.
A día de hoxe o sistema educativo galego acolle nas súas aulas más de 700 nenos ucraínos que, desde o inicio da invasión rusa, se foron incorporando a 125 centros, un número que segue aumentando diariamente. Desde o primeiro momento, a Xunta puxo en marcha un Plan de Acollida para axilizar a escolarización dos nenos desprazados, que se foi completando posteriormente con medidas específicas de apoio como a elaboración de dicionarios galego-castelán-ucraíno e a participación de auxiliares de conversa para facilitar a comunicación, o reparto de material pedagóxico específico como kits informáticos e maletas viaxeiras cos diferentes materiais didácticos.
A Cidade da Cultura de Galicia acolleu a apertura de 'O Galiverso empeza aquí', unha iniciativa tecnolóxica, cultural e educativa para poñer en valor o patrimonio material e inmaterial galego a través do emprego de tecnoloxías inmersivas. Neste novo espazo do Museo Centro Gaiás as persoas visitantes poderán vivir 12 experiencias diferentes de realidade virtual que percorren monumentos, espazos naturais e sitios de gran valor cultural, histórico e turístico das catro provincias galegas.
O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) xa está certificado como destino de ecoturismo, que o converte no primeiro parque nacional de todo o país en obter este recoñecemento oficial ao seu traballo a prol da calidade e da sostibilidade turística dentro das áreas e espazos naturais amparados por algún tipo de protección. Así se deu a coñecer no VI Congreso Nacional de Ecoturismo, que se celebra no Pazo de Mariñán, escenario escollido pola súa localización dentro da Reserva de biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras de Mandeo, que exerce de anfitriona e foi o primeiro destino de ecoturismo certificado en Galicia.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego vai recorrer ante o Tribunal Supremo a recente reforma do Regulamento xeral de costas, impulsada de forma unilateral polo Goberno central, en defensa dos intereses de Galicia, xa que, na práctica, esta modificación limita os dereitos recoñecidos legalmente a particulares, empresas e outros titulares de concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT), así como as propias competencias autonómicas sobre o litoral.
O 'cohousing' ou vivenda colaborativa é un modelo de convivencia que conta cunha ampla traxectoria noutros países como os nórdicos. Entre as condicións e requisitos que se establecen nesta normativa atópase que as instalacións poderán albergar un máximo de 150 persoas cunha idade igual ou superior aos 55 anos. Ademais, os centros contarán con espazos privados -conformados por un cuarto, baño, cociña, salón e rocho- así como zonas de uso común. Así mesmo, tamén se prevé unha sala ou espazo de atención sociosanitaria para a asistencia de persoas que requiran coidados.
Nesta segunda edición, á que xa se sumaron en seis días máis de 3.000 comerciantes galegos, a partir do próximo luns, 24 de outubro, e ata o 31 de decembro os clientes poderán descargarse a través da web bonosactivacomercio.gal bonos desconto por 30 euros, que poderán empregar nos comercios finalmente adheridos. A principal novidade deste ano é que se amplían os tramos de desconto e os importes, de tal xeito que para compras a partir de 20 euros e inferiores a 30, o desconto será de 5 euros; para compras a partir de 30 e inferiores a 50, será de 10 euros; e para os que superen os 50 euros o desconto será de 15 euros.
Foi presentado o Festival Kerouac, unha das citas de poesía escénica máis lonxevas de España que se celebra anualmente en Vigo. A programación arranca o xoves na Galería Maraca, onde se darán cita os Poetryfighters vigueses para dar comezo ao festival. Nesta primeira cita o poeta e rapeiro Malvares, a artista multidisciplinar Lupita Hard e o poeta e tamén director do festival, Marcos de la Fuente, presentarán a antoloxía bilingüe Poetryfighters, un volume que recolle voces de poetas que unen México e Estados e Unidos a través dun movemento poético. Neste evento colaborarán tamén alumnos e profesores da Escola Oficial de Idiomas, que lerán as traducións dos poemas en inglés.
O desenvolvemento do eixo transversal da Estratexia Galicia Dixital 2030, para avanzar na especialización dixital, permitirá á nosa comunidade afrontar o reto ante o que se atopan as rexións para reducir a dependencia tecnolóxica do exterior, dentro dun escenario caracterizado pola escaseza de materias primas, a inflación e a aceleración no uso das tecnoloxías provocado pola pandemia da Covid-19. Como consecuencia desta situación, é necesario que as rexións aumenten as súas capacidades e infraestruturas propias para limitar a dependencia do exterior.
« Anterior | 2  de  5 | Siguiente »

Archivo

2025 (184)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES