Archivo (6 del 2021)

Buscador

Noticias

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, avanzou hoxe en sede parlamentaria que o próximo venres o DOG publicará as bases da convocatoria do 3º Plan de Rescate co que a Xunta porá a dispor de autónomos e empresas 234,4 millóns de euros de fondos transferidos polo Estado. Con estes novos apoios directos do 3º Plan, aprobado en Consello o 2 de xuño, a Xunta, a través dos diferentes departamentos, terá posto a dispor de autónomos e empresas máis de 560 millóns de euros en axudas directas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.848 deles 1.457 son da área da Coruña, 1.221 da de Lugo, 586 da de Ourense, 358 da de Pontevedra, 858 da área de Vigo, 1.047 da de Santiago e 321 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 153 en unidades de hospitalización e 5.647 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 171.709 persoas curadas, rexistrándose 2.584 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.768.397. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.174.546.
A Cidade da Cultura despide a exposición Os brancos segredos do seu ventre, formada por unha selección de 53 obras dos valiosos fondos da Fundación Rosón de Arte Contemporánea (Rac). A mostra pecha así unha estancia no Museo Centro Gaiás durante a que preto de 34.000 persoas –cunha media de 230 persoas por día– se achegaron ás obras desta colección privada situada en Pontevedra, que atesoura un dos fondos de creación actual máis relevantes de España.
Tivo lugar esta mañá o acto de presentación da sexta edición de Unvex, a maior feira de drons que se celebra en España. A iniciativa levarase a cabo do 7 ao 9 de xullo na Cidade da Cultura co obxectivo de reunir aos profesionais do sector para abordar o crecemento da industria e analizar os principais desafíos para os próximos anos, poñendo especial atención no uso dos vehículos non tripulados nos servizos públicos que presta a Administración. Unvex 2021 supón un grande escaparate para os avances que se van producindo na industria galega, como por exemplo a iniciativa pioneira en Europa do Polo Aeroespacial de Galicia.
O Servizo Galego de Saúde iniciou esta semana o ensaio clínico en menores de 12 anos coa vacina de Pfizer-BioNTech que se está a levar cabo no Hospital Clínico de Santiago. Onte luns, os primeiros voluntarios xa recibiron a primeira dose da vacina ou do placebo, mentres que ao longo da semana completaranse as 25 inmunizacións previstas nesta primeira fase, en nenos de entre 5 ata os 12 anos. En fases posteriores, irase desescalando en idades ata chegar a nenos de 6 meses de idade e aos 55 participantes.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.729, deles 335 son da área da Coruña, 208 da de Lugo, 163 da de Ourense, 193 da de Pontevedra, 452 da área de Vigo, 283 da de Santiago e 95 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 65 en unidades de hospitalización e 1.650 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 123.374 persoas curadas, rexistrándose 2.427 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.284.738. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.079.132.
Vaise celebrar este sábado a I Feira Iniciativa Xove para poñer en valor os diferentes proxectos xurdidos ao abeiro deste programa. O Edificio Cinc da Cidade da Cultura acollerá unha completa xornada de actividades cun espazo expositivo de proxectos, obradoiros ou un punto de asesoramento, entre outros. Iniciativa Xove é un programa creado en 2010 polo Goberno galego a través do cal se conceden axudas de ata 5000 euros para que as mozas e mozos de Galicia poidan desenvolver ideas que, transformadas en proxectos empresariais ou programas de interese, revertan na sociedade.
O Polo xerou unha comunidade de innovación na que participan unha gran variedade de pemes e centros de coñecemento con capacidades para establecer redes nacionais e internacionais e potencial para captar fondos que permitan a realización de proxectos colaborativos en áreas clave, dotando aos seus membros e ao propio ecosistema galego dun posicionamento estratéxico internacional. Esta colaboración mellorou as capacidades e a competitividade das pemes e centros de coñecemento que formaron parte do Polo Aeroespacial de Galicia, propiciando a xeración de 47 novos proxectos de I+D+i derivados da súa participación na iniciativa.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.734, deles 324 son da área da Coruña, 224 da de Lugo, 161 da de Ourense, 193 da de Pontevedra, 448 da área de Vigo, 295 da de Santiago e 89 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 68 en unidades de hospitalización e 1.651 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 123.288 persoas curadas, rexistrándose 2.426 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.281.481. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.056.008.
Presentouse hoxe o cartel dos concertos de O Son do Camiño-Perseidas, un novo formato do coñecido festival adaptado ás circunstancias da pandemia e que congregará do 14 de xullo ao 8 de agosto a 18 artistas nacionais e internacionais de primeiro nivel no Monte de Gozo. Este evento volverá situar a Galicia como referente musical e será un dos maiores atractivos culturais este verán, coincidindo ademais co Xacobeo 21-22. O Son do Camiño-Perseidas contará coas actuacións de Rozalén, Camilo, Andrés Suárez, Loquillo, Vetusta Morla, Ara Malikian, Beret, Estopa, Izal, Raphael, Melendi ou Xoel López. O cartel complétase con Guadi Galego, Pablo Lesuit, Sabela, Furious Monkey House, David Rees e Maren.
« Anterior | 5  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (274)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES