
A Xunta de Galicia quere poñer en valor algunhas das iniciativas que foron xurdindo ao abeiro do programa ata o momento cun evento que lle dea visibilidade á creatividade e ao esforzo da xuventude. Así, promove unha cita con actividades dirixidas a mozos e mozas, de entre 18 e 30 anos, con residencia en Galicia ou en Portugal, posto que se trata dunha iniciativa enmarcada dentro do proxecto Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP).
Obradoiros e asesoramento
Nesta I Feira de Iniciativa Xove poñerase en marcha un espazo expositivo dos proxectos con acceso libre. Tamén se realizarán obradoiros, tanto presenciais como dixitais, sobre habilidades e competencias profesionais e para o desenvolvemento de modelos de negocio e márketing. É preciso saber que para poder acudir a eles é necesario inscribirse na páxina de xuventude.xunta.es. As prazas para estas actividades serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición.
Ademais disto, desenvolverase a presentación de proxectos e networking que se poderá seguir en liña vía streaming e haberá un punto de asesoramento e resolución de dúbidas acerca da presentación de iniciativas no marco do programa.
Convocatoria Iniciativa Xove
Cómpre lembrar que neste momento, a convocatoria de axudas para 2021 de Iniciativa Xove continúa aberta ata o 14 de xuño. A ela poden concorrer tanto grupos informais de mozos e mozas, como asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.